peoplepill id: miguel-vazquez-freire
MVF
Spain
1 views today
1 views this week
Miguel Vázquez Freire

Miguel Vázquez Freire

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
74 years
The details (from wikipedia)

Biography

Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un escritor galego.

Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerce como profesor de Filosofía nun instituto de ensino secundario de Santiago de Compostela.

Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. É promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.

Colabora como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións, como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Actualmente é profesor de filosofía no instituto IES Eduardo Pondal en Santiago de Compostela.

Obra en galego

Literatura infanto-xuvenil

  • Proxecto pomba dourada, 1987, Vía Láctea.
  • As aventuras do Gato Bógar, 1989, Xerais.
  • A malvada María Xosé, 1989, Xerais.
  • A cor do elefante, 1994, Casals.
  • Anxos en tempos de chuvia, 1997, Xerais.
  • O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos, 1998.
  • A primeira máquina de fotos, 1998.
  • María e maior, 2007, Baía.
  • Contos de Reis e de Nadal, 2007, Xerais.
  • Xurxiño quere ser..., 2010, Baía.
  • O souto escuro e perigoso, 2011, Xerais.
  • Fadita fosca, 2013, Baía.

Narrativa

  • Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos, 1993, Xerais.

Ensaio

  • Nietzsche, 1990, Xerais.
  • Ilustradores galegos para nenos, 1991, Xerais.
  • Marabillas e milagres de Álvaro Cunqueiro, 1991, Xerais.
  • O Curriculum, 1992, Xerais.
  • Iniciación á Estética, 1993, Xerais.
  • Política e Sociedade, 1993, Xerais.
  • Mandar, obedecer, rebelarse, 1996, Xerais.
  • Estética e teatro, 2005, Galaxia.

Traducións

  • A luva de tres dedos, de Maurice Tillieux, 1990, Casals.
  • O tío Plácido, de Peyo e Walthéry, 1990, Casals.
  • Os taxis vermellos, de Peyo, 1991, Casals.
  • O discurso do método, de René Descartes, 2000, Xerais.

Obras colectivas

  • O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, incluído en Os contos da campaña (3), 1992, Xunta de Galicia.
  • A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, en Sempre no Camiño. 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago, con Gloria Sánchez, 1995, Xunta de Galicia.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.

Premios

  • Premio Camiño de Santiago de Teatro de monicreques no 1993, pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Miguel Vázquez Freire is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Miguel Vázquez Freire
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes