peoplepill id: mercedes-queixas
MQ
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

A.K.A.
Mercedes Queixas Zas
Places
Gender
Female
Place of birth
A Coruña
Age
56 years
The details (from wikipedia)

Biography

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha escritora galega.

Traxectoria

É licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña, e exerce actualmente a docencia no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxina coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Obras

Ensaio

  • Os trobadores do Reino de Galiza, 1997, A Nosa Terra.
  • Breve historia da literatura galega, 1999, A Nosa Terra.
  • Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega, 2002, Laiovento.
  • Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política, 2009, Laiovento.
  • Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg, 2011, Galaxia.
  • Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, 2011, Laiovento.
  • Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, 2016, Galaxia.
  • De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal. Breve historia da literatura galega, 2016, Xerais.

Obras colectivas

  • La Galiciana, de Xan da Cova, 1995, Cadernos de Teatro, A Coruña. Con Anxo Gómez.
  • Historia da literatura galega, 1996, A Nosa Terra.
  • Obra literaria e xornalística: antoloxía, de Valentín Lamas Carvajal, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Anxo Gómez.
  • Historia xeral da literatura galega, 2001, A Nosa Terra. Con Anxo Gómez Sánchez.
  • Linguas non normalizadas: presente e futuro. Actas do congreso (Pazo da Cultura de Pontevedra, 15, 16, 17 de novembro de 2001), 2002, AS-PG. Coordinadora con Gonzalo Constenla e Anxo Gómez Sánchez.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega 2009, Laiovento.
  • Ano Internacional das Linguas, 2008. Xornadas de Divulgación, 2008, Concello de Noia.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.
  • Contos de taberna, 2014, Edicións Embora.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Traducións

  • Nacionalismos no mundo, de Francisco Letamendia, 1997, Laiovento.
  • España uniforme, de José Ignacio Lacasta-Zabalza, 2001, Laiovento.

Premios

  • Premio de ensaio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg.
  • Premio de ensaio da II Gala do Libro Galego no 2017, por Labrego con algo de poeta.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Mercedes Queixas is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Mercedes Queixas
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes