Mercedes Brea López
Quick Facts
Biography
María de las Mercedes Brea López, nada na Estrada o 31 de maio de 1950, é unha filóloga galega da área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
En 1972 licenciouse en Filosofía e Letras (sección de filoloxía románica) pola Universidade de Santiago de Compostela, acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En 1973 comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na Universidade de Granada, converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En 2000 foi elixida decana da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
É colaboradora de revistas coma Verba, Grial, Revista Galega do Ensino ou Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.
Obra
- Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica (1996).
- Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas (1998)
- A cantiga de amigo (1998, co-autoría con Pilar Lorenzo)
- Cantigas do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martín Códax (1998; coordinadora)
- "As cantigas da Ría de Vigo", en Cantigas do Mar. Homenaxe a Johan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (1998)
- "E verra i, mia madre, o meu amigo", en Día das Letras Galegas 1998. Martín Códax, Mendiño e Johán de Cangas (1998)
- "Os santuarios á beira do mar", en Johán de Cangas, Martín Códax, Meendinho. 1200-1350, lírica medieval (1998)
- "As cantigas de Santa María", en Proxecto Galicia (2000)
- "D. Xosé Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María", no Memorial Filgueira Valverde. Estudios sobre lírica medieval galego-portuguesa (2002).
- "D. Xosé Filgueira Valverde e a lírica galego-portuguesa" en Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia, Museo de Pontevedra (2007), ISBN 978-84-95632-34-0: