Melquíades Lestón
Quick Facts
Biography
Melquíades Lestón Romero, nado en Porto do Son en 1906 e finado en Santiago de Compostela en 1959, foi un mariñeiro e sindicalista libertario galego.
Traxectoria
Emigrado en Estados Unidos, retornou e afiliouse ao sindicato Protección Obrera de Porto do Son. Traballou na frota do Gran Sol radicada no porto de Xixón. Alí foi un dos fundadores da Unión Pesquera, que se integrou na UGT en maio de 1931, e un dos que contribuíu á integración do sindicato na CNT. Foi propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera. A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Xixón, onde foi delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesquera e participou na Confederación Regional Galaica en Asturias. Cando caeu a fronte norte, conseguiu escapar a Valencia onde foi secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no campo de Albaterra ao rematar a guerra, foi xulgado en Valencia por auxilio á rebelión e condenado a cadea perpetua. Pasou seis anos no Penal de San Miguel de los Reyes. Liberado en 1945, marchou ao exilio en Tunisia, onde foi asesor do presidente Habib Bourguiba en materia de pesca. A mediados dos anos cincuenta perdeu a razón e foi repatriado.