peoplepill id: matusa-barros
MB
Spain
1 views today
1 views this week
Matusa Barros
Spanish artist (1954 - )

Matusa Barros

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish artist (1954 - )
Places
Work field
Gender
Female
Place of birth
Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
70 years
The details (from wikipedia)

Biography

Matusa Barros Arias-Castro, nada en Vigo o 27 de marzo de 1954, é unha artista galega. Terceira dos sete fillos do médico pediatra Guillermo Barros Cuiñas e de Asunta Arias de Castro Sánchez, profesora de piano no Conservatorio de Música de Vigo.

Traxectoria

No ano 1974 deixou a universidade e un traballo permitiulle empezar a viaxar polo mundo. A finais dos 70 volveu aos estudos e graduouse en Artes aplicadas na Escola de Artes Mestre Mateo en Santiago de Compostela. A partir de aí elixiu a súa formación asistindo a cursos e obradoiros. Así, desde a XIII Experiencia de Tecnoloxía e Escola Libre do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos (1984), obradoiros de vídeo e televisión da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) na Coruña (1986-87), de realidade virtual na (QUAM 95) Quincena de Artes de Montesquiu(Barcelona), de artes visuais no Centro Galego de Arte Contemporánea (1997), de cibercultura na UIMP en Santander (1999) e unha serie de cursos de informática entre outros, orientaron o seu interese pola imaxe cara á fotografía, o vídeo, a escultura e o net.art.

En 1984 asistiu ao I Festival Nacional de Vídeo no Círculo de Belas Artes de Madrid que lle descubriu o mundo do vídeo, o seu primeiro traballo escrito publicado este mesmo ano titúlase así. En 1988 recibiu unha bolsa da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que sufragou gran parte da súa primeira cámara e comezou a crear a súa propia videografía. En 1995 a H. Associació per a les Arts Contemporànies beca a súa estancia en Montesquiu para a Quam e en 1999 a UIMP beca a súa estancia en Santander. Ao mesmo tempo fixo traballos de xestión no mundo da arte, organizando mostras de vídeo entre outros. Colaborou en prensa e revistas especializadas e autoeditou un libro de poesía en castelán titulado "Allí en la sombra" (1998).

Participouen festivais de vídeo e exposicións de artes visuais en Galicia, Madrid, Euskadi, Cataluña, Andalucía, Francia, Alemaña, Inglaterra, Estados Unidos de América, Portugal e na World Wide Web.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, E., ed. (1990). Historia de la prensa gallega, 1800-1986. Ediciós do Castro. p. 853. ISBN 84-7492-489-8. 
  • Estrella de Diego, María Luisa Sobrino, Rosario Sarmiento (1995). A Arte Inexistente As Artistas Galegas do Século XX. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
  • Mª Luisa Sobrino Manzanares (2016). Arte+mulleres Creadoras galegas. Consello da Cultura Galega.
  • Margarita Rueda Alonso (2003). Guías Culturales Artistas de Galicia. Xunta de Galicia.
  • Angel Fernández Mujeres tras la cámara. El Mundo. 25/4/1997.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Matusa Barros is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Matusa Barros
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes