María Victoria Moreno
Quick Facts
Biography
María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha escritora de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Empregou o pseudónimo de Peregrina Pérez.
En 2018 será a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva ese recoñecemento na historia da celebración.
Traxectoria
- Véxase tamén: Cronobiografía de María Victoria Moreno.
Nacida nun concello limítrofe con Portugal, filla de militar e mestra, fixo o bacharelato en Barcelona e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, onde tivo de profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. Tras dous anos en Lugo, onde tivo por alumno a Xesús Rábade Paredes, e unha temporada en Vilalonga (Sanxenxo), onde comezou a escribir Anagnórise, chegou a Pontevedra en 1963 con praza de profesora (despois catedrática), e deu clase no IES Valle-Inclán e no IES Gonzalo Torrente Ballester.
Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e do país. A súa fascinación dende moi nova por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta á defensa e promoción do galego.
“ | Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor. | ” |
— Mª Victoria Moreno en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". |
Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou en libros de texto e dirixiu a colección Árbore da editorial Galaxia.
Como lectora, no ámbito das letras en galego nunca agochou o seu gusto pola narrativa de Otero Pedrayo ou de Carlos Casares:
“ | [para ler boa literatura, lía] a Miguel de Cervantes, evidentemente. E tamén a Antoine de Saint-Exupéry (...) E gústame a prosa dos hispanoamericanos inmediatamente anteriores ao boom. Miguel Ángel Asturias, por exemplo (...) Gústanme os escritores éticos e con compromiso, cunha prosa exuberante. E de Galicia gústanme os mellores que hai. Valoro moito a lírica medieval, a prosa de Otero Pedrayo e de Carlos Casares, a poesía de Fernán Vello. | ” |
Morreu aos 64 anos de idade, vítima dun cancro de mama.
A súa biblioteca persoal, de 4 500 volumes, incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quixote, foi doada ao IES Gonzalo Torrente Ballester.
En 2017 foi escollida, por un voto de diferenza, para ser a personalidade homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018. Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón.
Obra
En galego
- Literatura infanto-xuvenil
- Mar adiante, Sada, Ediciós do Castro, 1973.
- A festa no faiado, Vigo, Galaxia, 1983.
- Leonardo e os fontaneiros, Vigo, Galaxia, 1986. 3º Premio O Barco de Vapor.
- Anagnórise, Vigo, Galaxia, 1988. Despois incluída na Biblioteca Galega 120.
- O cataventos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989.
- Verso e prosa, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.
- ¿Un cachiño de bica?, Vigo, SM, 1994.
- ¿E haberá tirón de orellas?, Vigo, Galaxia, 1997.
- A brétema, Vigo, Ir Indo, 1999.
- Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999.
- Eu conto, ti cantas, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Ensaio
- As linguas de España, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.
- Diario da luz e a sombra, Vigo, Xerais, 2004.
- Narrativa
- Querida avoa, Vigo, Contos do Castromil, 1993.
- Poesía
- Elexías de luz, Vigo, Xerais, 2006.
- Traducións
- Mecanoscrito da segunda orixe (Mecanoscrit del segon origen, 1974), de Manuel de Pedrolo, Vigo, Galaxia, 1989.
- Obras colectivas
- "O cataventos", en Contos para nenos, Vigo, Galaxia, 1979.
- "Comentarios de texto: descubrir a realidade", en Xornadas da Lingua Galega no Ensino, Santiago, Xunta, 1984.
- Literatura século XX , Vigo, Galaxia, 1985. Con Xesús Rábade Paredes.
- "Nico e Miños", en 8 contos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1989.
- "Querida avoa", en Lerias, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.
- "S.O.S.", en Contos de hogano, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 1992.
- "O libro das saudades e os degoiros", en Ruta Rosalía 1993, Caixa Galicia. Santiago de Compostela, 1993.
- "Pan con chocolate", en Relatos para un tempo novo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993.
- "Discurso pronunciado por Xesús Alonso Montero no acto no que recibiu o Pedrón de Ouro", en Comentarios de textos populares e de masas, Vigo, Xerais, 1994.
- "¿Escritora alófona eu?", en Poetas alófonos en lingua galega, Vigo, Galaxia, 1994.
- E dixo o corvo..., Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997.
- "¡Xa non teño medo!", en A maxia das palabras, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1998-1999.
- "Amigos de mil cores", en Campaña de Lectura 2001, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001.
- "Carta de amor", en Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, Santiago de Compostela, CCG, 2003.
- "O encontro", en Un libro, a maior aventura, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2003.
- "O grumete", en Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2004.
- Obra en revistas
- "Estou a escribir a contrarreloxo". Entrevista con Xosé A. Neira Cruz, Fadamorgana. Santiago de Compostela, nº 3 (decembro 1999).
En castelán
- Edicións
- Os novísimos da poesía galega / Los novísimos de la poesía gallega (ed. bilingüe), Madrid, Ediciones Akal, 1973.
- Obra en revistas
- M.V.M., una profesora feliz de serlo, en CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil, Barcelona, nº 41 (xullo-agosto 1992).
- Novela
- Alcores de Donalvar. Orixinal inédito en castelán, de 1969, traducido por Xavier Senín ao galego co título Onde o aire non era brisa, Galaxia, 2009.
- Traducións
- El perro Rin y el lobo Crispín, 1986, de Carlos Casares.
Premios
Foi finalista do Premio Café Gijón e obtivo o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães co relato La casa de las Marías.
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho, no 1972, por Crarisca.
- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho, no 1975, por O cataventos.
- 3º Premio O Barco de Vapor en 1985
- Lista de honor do IBBY no 1990, por Anagnórise.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de María Victoria Moreno.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- CC BY-NC-ND.
Outros artigos
- Os novísimos da poesía galega
- Mar adiante
- Anagnórise
- Leonardo e os fontaneiros
- Diario da luz e a sombra
Ligazóns externas
- Soto Meijomence, Alejandra: María V. Moreno no Álbum de mulleres CCG. 2007.
- Ficha da autora na Editorial Galaxia
- Biblioteca Virtual Galega
- Moreno Márquez na páxina da AS-PG.