peoplepill id: maria-de-la-concepcion-mendez-gandara
MDLCMG
Spain
1 views today
1 views this week
María de la Concepción Méndez Gándara
Spanish politician

María de la Concepción Méndez Gándara

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
Places
Work field
Gender
Female
The details (from wikipedia)

Biography

María Concepción Méndez Gándara é unha mestra e política galega do PPdeG. Mestra de profesión, foi alcaldesa do concello de Sandiás durante 36 anos, dende as primeiras eleccións democráticas ata o ano 2015. Foi unha das pioneiras en Galicia, no que ó servizo público se refire, xa que foi unha das 104 alcaldesas de España elixidas o 3 abril de 1979. Delas soamente sete en Galicia, seis na provincia de Ourense.

Traxectoria

Entrou en política no ano 1979 da man de Eulogio Gómez Franqueira e Pío Cabanillas Gallas, presentándose pola UCD de Sandiás nas eleccións de abril de 1979, resultando elixida por maioría absoluta.

Foi delegada na III Asemblea provincial da UCD (1980) e compromisaria nas diferentes asembleas provinciais da UCD de Ourense, así como no II Congreso Nacional da UCD (Palma, febreiro de 1981) e no I Congreso da UCD de Galicia (Lugo, maio de 1982).

Trala desintegración da UCD, despois da derrota das eleccións xerais do 28 de outubro de 1982, pasou a formar parte en febreiro de 1983 de Centristas de Ourense, partido que conxuntamente cos restos centristas e do Partido Galeguista deu lugar en marzo de 1983 a Coalición Galega. Con Coalición Galega gañou por maioría simple as eleccións municipais de 1983.

En 1985, despois da escisión de Coalición Galega, formou parte cos antigos alcaldes de Centristas de Ourense do novo partido, Centristas de Galicia. No primeiro congreso deste partido formou parte do seu comité executivo. Nas eleccións locais de 1987, revalidou a alcaldía coa coalición electoral de AP con Centristas de Galicia.

En 1991 revalidou a alcaldía na Converxencia Centristas e CDS. Neste ano pasou a formar parte do PPdeG, cando Centristas de Galicia se integrou finalmente neste partido, gañando por maioría absoluta ata o ano 2015 con estas siglas.

Foi Presidenta e principal animadora da asemblea local da Cruz Vermella Española de Sandiás e impulsora do posto de socorro da Cruz Vermella desta localidade, posto en marcha no ano 1980. Posúe a Medalla de Prata da Cruz Vermella Española concedida no ano 1996. Foi tamén vogal da Comisión de Control de Caixa Ourense (1991-1993) e secretaria de dita comisión (1993-1995).

Foi asesora do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Juan Piñeiro Permuy, para asuntos relacionados cos concellos, colaborando na reforma educativa, durante o período lexislativo de 1998. Membro do Consello Escolar de Galicia durante unha lexislatura.

Entre 2004 e 2006 foi elixida deputada provincial en representación do PPdeG, polo partido xudicial de Xinzo de Limia, substituíndo o deputado de Xinzo de Limia, Isaac Vila. Foi presidenta da Comisión Especial de Contas, Facenda e Economía, e representou a Deputación de Ourense no Consello Asesor de Telecomunicación e Audiovisual de Galicia, na Comisión Interinstitucional do Menor da Xunta de Galicia, na Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín e no Padroado Provincial de Turismo.

O 14 de decembro de 2004 foi unha das 41 alcaldesas e alcaldes que atesouraban 25 anos de servizo á fronte dos seus concellos, que foron homenaxeados pola FEGAMP, con ocasión dos XXV anos de Concellos democráticos de Galicia. Así mesmo, nesa mesma data, recibiu de mans do presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar Pumar, o bastón de mando honorífico por levar 25 anos á fronte da Corporación Municipal do Concello de Sandiás.

Exerceu tamén a vicepresidencia, a presidencia, e finalmente a Tesouraría do Consorcio Comarcal Contra Incendios e Salvamento da Limia.

Nas eleccións municipais de 24 de maio de 2015 perdeu as eleccións, retirándose da política local.


Predecesor:
?
 
Alcaldesa de Sandiás
 
1979 - 2015
Sucesor:
Felipe Traveso García

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Sandiás

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
María de la Concepción Méndez Gándara is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
María de la Concepción Méndez Gándara
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes