Margarida Vázquez Veras
Quick Facts
Biography
Margarida Vázquez Veras, nada na Coruña en decembro de 1954, é unha política nacionalista galega.
Traxectoria
Estudou no Instituto Social da Muller o bacharelato superior administrativo e, aos 17 anos, comezou a traballar na súa profesión, militando en organizacións do nacionalismo desde o ano 1974. Foi detida en agosto de 1975.
Foi a primeira presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e presidiu a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e comarca, nos anos oitenta. Presidenta do Comité de Empresa no seu centro de traballo. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidata a concelleira da Coruña en representación da coalición electoral BN-PG, non resultando elixida, pero tomou posesión como concelleira en abril de 1980 para substituír ao seu compañeiro Xan Pombo Seoane. Participou na fundación do BNG.
No ano 1999 incorporouse de novo á actividade municipal, sendo elixida concelleira no Concello da Coruña e deputada provincial da Coruña en representación do BNG. Foi concelleira de Igualdade e Participación Cidadá no Concello da Coruña. En marzo de 2012 abandonou o BNG.