Marcus Daniel Cabada
Quick Facts
Biography
Marcus Daniel Cabada Candal, nado en Pontevedra o 25 de setembro de 1995, é un escritor galego.
Traxectoria
Estudou no IES Xunqueira I de Pontevedra, onde formou parte do grupo de teatro A Esmorga, dirixido pola profesora Belén Herrero Sinovas. Despois comezou o grao en Lengua y literatura españolas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Comezou moi novo a publicar artigos e fábulas no Diario de Pontevedra. Tamén colaborou no Faro de Vigo e MUNDIARIO. Foi creador e comisario do proxecto Ut pictura poiesis, conxunción entre poesía e arte como experiencia estética no marco da Biblioteca Pública de Pontevedra que relacionou as figuras de William Blake, Alejandra Pizarnik ou O Bosco. Xunto con Tamara Andrés creou e dirixiu a revista Ligeia, na que coordinou a escolma de literatura latinoamericana.
Está considerado un dos escritores máis característicos e representativos da Xeración Z.
Publicacións
Publicacións en lingua castelá
- Triste escarlata (2013). Círculo Rojo. 68 páxs. ISBN 978-8490502600. Novela lírica.
- Desagravio de la derrota (2015). Círculo Rojo. ISBN 978-8491261599. Nove contos e un ensaio sobre os matices do fracaso.
- El llano circular(2017). Ediciones Urbina. Poemas con maioría de hendecasílabos e alexandrinos, nos que traballa a busca dun camiño de contradicións, utopías, batallas, soños, memorias no tempo etc.
Publicacións en lingua galega
- Metafísica da ausencia (2019). Editora Urutau. Brasil. 56 páxs. O profesor Israel Sanmartín di da obra: "Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia".
Publicacións colectivas
- Dentes para a mazá (doce poetas en creación) (2018). Chan da Pólvora. ISBN 978-84-948565-4-9.
Recoñecementos
- 2013: Premio Nacional Jóvenes Promesas de las Letras, por Triste escarlata
- 2014: Premio Internacional de Novela Experimental Charlotte Sabine, por Triste escarlata
- 2016: Premio 'Narrador Estratega' de la ASCHI Café 'Trece Leguas', con Desagravio de la derrota.
Notas
- ↑ "Marcus-Daniel Cabada". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Marcus Daniel Cabada". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Marcus Daniel Cabada. Mundiario". www.mundiario.com. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Evento: Ut Pictura Poiesis: William Blake. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ noticiasgalicia.com. "El joven escritor pontevedrés Marcus Daniel Cabada (21 años) publica 'El llano circular', su tercer libro, y el primero en verso". noticiasgalicia.com (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Triste escarlata". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ ""Desagravio de la derrota", novo libro do escritor pontevedrés Marcus-Daniel Cabada". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "‘Desagravio de la derrota’ / Nueve cuentos y un ensayo sobre los matices del fracaso – Noticias Editorial Circulo Rojo" (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ MUNDIARIO. "El poemario del pontevedrés Marcus Daniel Cabada ni es llano ni es circular". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ "Evento: El llano circular. Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2019-02-02.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2019-02-02). ""Teño a sensación de estar ante un novo comezo"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Metafísica da ausencia". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-02.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Control de autoridades | |
---|---|
Control de autoridades |