Marcelino Rodríguez Fernández
Quick Facts
Biography
Marcelino Rodríguez Fernández, coñecido como Valentín e Marrofer, nado en Los Arcos (Oviedo) o 7 de xullo de 1915 e morto en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
Mestre nacional e militante comunista. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e cumpriu condena na prisión de Oviedo, onde coincidiu con Marcelino Fernández Villanueva. Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 volveu ser detido en novembro e procesado por rebelión militar. Condenado a reclusión perpetua, foi internado no cárcere da Coruña. Obtida a liberdade en xullo de 1940, instalouse en Viveiro dando clases particulares en Celeiro. Vicente Lage Fernández púxoo en contacto cos fuxidos do norte de Lugo e cando esas relacións foron descubertas, tivo que botarse ao monte polas súas actividades antifranquistas en 1942. Contactou co Grupo Neira (IV Agrupación do Exército Guerrilleiro) que operaba nas comarcas de Viveiro e Ortegal, e substituíu ao cenetista José Neira Fernández na xefatura. Participou en 1944 na xuntanza de Abegondo, onde se consolidou a IV Agrupación. Foi responsábel da creación dos destacamentos operativos dentro das agrupacións.
Avistado o seu grupo por unha contrapartida en Milreu, no concello de Aranga, o 26 de xuño de 1946, foi executado xunto cos guerrilleiros Lisardo Freijo López, Ángel Álvarez Rego e José Doldán. Foi substituído por Manuel Ponte ao mando da IV Agrupación.
Vida persoal
Casou con Elvira Iglesias Miranda o 20 de abril de 1934, coa que tivo dous fillos, Marcelino e Elvira.