peoplepill id: marcelino-pardal-pouso
MPP
Spain
5 views today
5 views this week
Marcelino Pardal Pouso
Anarquista galego nado en 1917 e falecido en 2009.

Marcelino Pardal Pouso

The basics

Quick Facts

Intro
Anarquista galego nado en 1917 e falecido en 2009.
Places
Gender
Male
Age
91 years
The details (from wikipedia)

Biography

Marcelino Pardal Pouso, nado en Ferrol o 2 de novembro de 1917 e falecido en Bèziers (Francia) o 19 de maio de 2009, foi un anarquista galego, derradeiro galego en morrer dos que estiveron no campo de concentración de Mauthausen durante a segunda guerra mundial.

Traxectoria

Segundo o historiador Eliseo Fernández, pertencía ás Juventudes Libertarias. Frecuentaba o Centro Obreiro de Cultura do barrio de Ferrol Vello, que funcionaba como escola e como centro cultural. Coñecido no mundo do fútbol como Xelo, xogou no Racing de Ferrol dende 1933/34. Debutou na Segunda División co club verde en 1934/35. Militou no Racing até pouco despois do estoupido da guerra civil española, e trala toma da súa cidade polo bando nacional foi mobilizado polas tropas franquistas. Mais tralo asasinato do seu irmán Paco, mariñeiro republicano no acoirazado España, decidiu mudar de bando. Pasou ao exército republicano, co que loitou na batalla do Ebro. Posteriormente cruzou os Pireneos, e en Francia foi internado no campo de concentración de Agde para posteriormente ser incluído nas brigadas de traballo que construían a liña férrea a Maginot.

Coa toma de Francia por parte das tropas de Adolf Hitler e a captura de máis de 800 españois, foi trasladado a Mauthausen, tras negar Francisco Franco que tivesen a nacionalidade española. Considerados apátridas, máis da metade deles faleceron debido ao esgotamento ou aos asasinatos dos carcereiros.

Segundo Amical Mauthausen, a asociación de españois deportados, saíu de Estrasburgo nun tren de gando, chegando ao campo o 11 de decembro de 1940. Alí estivo até o 7 de maio de 1945, dous días despois da chegada das tropas estadounidenses ao campo.

As autoridades nazis tatuáronlle no brazo o número 5101. Formaba parte do equipo de fútbol "La República", formado por españois deportados.

Trala liberación non quixo retornar a España, vivindo en Bèziers, sen conceder entrevistas e sen participar apenas en actos de homenaxe e lembranza. O Racing de Ferrol sondara a posibilidade dunha homenaxe, pero sen éxito.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Marcelino Pardal Pouso is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Marcelino Pardal Pouso
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes