Manuela Rey
Quick Facts
Biography
María Manuela Ramona Rey González ou Manuela Lopes Rey, nada en San Vicente de Trigás, Mondoñedo, o 1 de outubro de 1842 e finada no seu domicilio na Praça da Figueira de Lisboa o 26 de febreiro de 1866, foi unha actriz de teatro galego-portuguesa.
Traxectoria
Foi a máis vella dos oito fillos de Andrés Rey Expósito e Francisca González, que casaron despois de nacer Manuela, en marzo de 1843. Segundo o libro Manuela Lopes Rey, número 3 da colección Os contemporaneos, editado sobre 1867, foi entregada en adopción a unha familia que formaba parte dunha compañía dramática itinerante. Trasladáronse, sendo Manuela moi nova, a Portugal. Segundo a Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira o apelido "Lopes" venlle da súa nai adoptiva.
En novembro de 1857 comezou a traballar no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa, onde triunfou en títulos como O filho do cego, A alegria traz o susto, Os homens sérios, Os fidalgos do Bois Doré, Fogo no convento, Vida de um rapaz pobre, Nobres e plebeus e Um cura de almas.
Houbo o rumor de que o rei Pedro V, antes de casar coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen, sentiu gran debilidade por ela.
Escribiu algunhas obras como a comedia A actriz e o proverbio Por este deixarás pae e mãe.
Finou de tifo no seu domicilio na Praça da Figueira e, tras un multitudinario cortexo fúnebre, foi soterrada no Cemitério dos Prazeres.
Dionisio Gamallo Fierros foi un dos seus biógrafos.
Galería de imaxes
María Manuela Ramona Rey González. |
Manuela Lopes Rey en Retratos de portugueses do século XIX. |
Os contemporaneos: Manuela Lopes Rey, publicado en Lisboa. |
Nota necrolóxica en El Miño (Vigo) o 1/4/1866, n. 935, p. 2. |
Elegia por occasião da sentida morte de Manuela Rey por Ernesto Marecos. |
Gravado, obra de Pastor, publicado en1904 en O Grande Elias. |
María Manuela Ramona Rey González. |
Manuela Lopes Rey en Retratos de portugueses do século XIX. |
Os contemporaneos: Manuela Lopes Rey, publicado en Lisboa. |
Nota necrolóxica en El Miño (Vigo) o 1/4/1866, n. 935, p. 2. |
Elegia por occasião da sentida morte de Manuela Rey por Ernesto Marecos. |
Gravado, obra de Pastor, publicado en1904 en O Grande Elias. |
Notas
- ↑ Reigosa Carreiras 2017.
- ↑ "Rey González, María Manuela". Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 120. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Rey González, María Manuela". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 162-163.
- ↑ "Rey González, María Manuela". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 430. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Gamallo Fierros, D. (9/10/1960). "Lugo en Lisboa hace 100 años. Manuela Rey, Pedro V y Pastor Díaz, una actriz dramática, un monarca y un embajador". El Progreso (en castelán). pp. 15–16.
- ↑ Gamallo Fierros, D. (19/11/1960). "Más sobre Manuela Rey González, la actriz mindoniense que enamoró a Pedro V de Portugal". El Progreso (en castelán). pp. 8 e 4.
- ↑ Retratos de portugueses do século XIX p. 54.
- ↑ Oscar May 1904.
Véxase tamén
Bibliografía
- Cunqueiro, Álvaro (1991). Cunqueiro en la radio (PDF) (en castelán). Fundación Barrié. p. 232. ISBN 84-87819-09-5.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. A Nosa Terra. p. 370. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Oscar May, Alfredo (14/7/1904). "Galería antiga, Manoela Rey" (PDF). O Grande Elias (en portugués) (42): 2.
- Reigosa Carreiras, Antonio (2/1/2016). "Manuela Rey, a muller lirio". El Progreso (Lugo).
- Reigosa Carreiras, Antonio (30/3/2016). "Os últimos días de Manuela Rey". La Voz de Galicia.
- Vilanova, A. (2005). "Rey González, María Manuela". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
- "Correspondencia. Lisboa 25 de Marzo de 1866". El Miño (en castelán) (935) (Vigo). 1/4/1866. p. 2.
- García Doural, A. (14/10/2016). "Manuela Rey Chao (1842-1866). Destacada actriz dramática en portugal". Miscelánea mindoniense (en castelán).
- Reigosa Carreiras, Antonio (2017). "Manuela Rey. A maior das actrices do teatro portugués de mediados do século XIX". Álbum de Mulleres. CCG.