Manuela Fraguela
Quick Facts
Biography
Manuela Fraguela Seoane, nada en Ferrol, é unha economista e política galega.
Traxectoria
Filla de militar, estudou Económicas en Madrid. Trasladouse a Compostela en 1970 co seu home Ramón López-Suevos, e incorporouse como profesora non numeraria á Facultade de Económicas en 1971, na que foi profesora contratada ate 1984. En Compostela entrou en contacto coa UTEG e a ANPG. Opositou a secretaria da administración local conseguindo praza nun concello de Zamora, e trasladouse ao ano seguinte ao de Negreira e despois ao de Narón. Entrou como funcionaria da Xunta e dende 1988 traballou no Instituto Galego de Estatística.
Militante da UPG e da ANPG, foi cabeza de lista do BNPG pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións xerais. En 1981 foi elixida concelleira no concello de Santiago pola mesma fronte. En maio de 1981 foi expulsada da UPG. En outubro de 1981 dimitiu xunto con outros concelleiros (Xulio Rodríguez e Teresa Conde-Pumpido) a raíz dun conflito interno no BNPG que acabou coa súa expulsión xunto a dun bo número de militante e dirixentes. Logo milita no colectivo Asemblea de Nacionalistas Galegos (formado por ex militantes da UPG e a ANPG como Francisco García Montes) que participa nas reunións previas á creación do BNG, aínda que se retira en xullo de 1982 acusando á fronte de indefinición ideolóxica.
Foi Subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior entre 2006 e 2009.