peoplepill id: manuela-del-sagrado-corazon
MDSC
Spain
1 views today
1 views this week
Manuela del Sagrado Corazón
Martyr of Spain 1936

Manuela del Sagrado Corazón

The basics

Quick Facts

Intro
Martyr of Spain 1936
A.K.A.
Manuela Arriola Uranga
Places
Work field
Gender
Female
Religion(s):
Place of birth
Ondarroa, Lea-Artibai, Biscay, Spain
Place of death
Madrid, Community of Madrid, Spain
Age
44 years
Manuela del Sagrado Corazón
The details (from wikipedia)

Biography

Manuela Arriola Uranga, nada en Ondarroa (Biscaia) o 29 de decembro de 1891 e finada en Madrid o 10 de novembro de 1936, máis coñecida como Manuela del Sagrado Corazón, foi unha relixiosa española, unha das vinte e tres Adoratrices del Santísimo Sacramento asasinadas durante a persecución relixiosa, que se desencadeou en tempos da guerra civil española. Foi beatificada polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007.

Biografía

Ingresou ao noviciado das Adoratrices del Santísimo Sacramento de Madrid o 12 de novembro de 1916, onde cambiou o seu nome polo Manuela do Sacro corazón. Alí fixo a súa profesión o 19 de maio de 1924. Foille confiada a formación das novas relixiosas e dedicouse ao ensino, até a súa elección como secretaria xeral da Congregación, en 1929.

Ao comezar a guerra civil española en 1936, o convento das Adoratrices de Madrid foi incautado (28 de xullo), para destinalo a hospital de sangue. As relixiosas tiveron que alugar un piso, onde permaneceron até o 9 de novembro do mesmo ano, día no que foron arrestadas polos milicianos e levadas ás tapias do cemiterio da Almudena. Alí foron fusilada na madrugada do 10 de novembro. En total eran unhas vinte e tres relixiosas á cabeza das cales se atopaba Manuela. O seu corpo foi sepultado no panteón das Adoratrices do cemiterio da Almudena.

Culto

Manuela del Sagrado Corazón atópase á cabeza do grupo das vinte e tres relixiosas Adoratrices del Santísimo Sacramento, quen inmediatamente despois da súa morte gozaron de fama de santidade. O proceso de beatificación foi iniciado o 18 de xaneiro de 1954, a partir de entón recoñecéuselle co título de serva de Deus. Entre as testemuñas do proceso atopábase o chofer do camión que as trasladou ao lugar onde foron fusiladas, quen quedou impresionado polo testemuño das relixiosas.

Manuela del Sagrado Corazón e as súas vinte e dúas compañeiras mártires foron beatificadas polo papa Bieito XVI na masiva cerimonia de beatificación celebrada na praza de San Pedro na Cidade do Vaticano, o 28 de outubro de 2007. En devandita cerimonia elevouse aos altares a 498 vítimas da guerra civil de España do século XX.

Os restos mortais de Manuela foron exhumados no cemiterio da Almudena e trasladados á capela da casa nai das Adoratrices en Madrid. No calendario universal da Igrexa católica celébrase a súa memoria o 6 de novembro, mentres que as Adoratrices conmemórana o 10 de novembro, día do seu martirio.

Notas

  1. González Rodríguez 2007, p. 162.
  2. González Rodríguez 2007, p. 161.
  3. Alday 1994.
  4. López Teulón, Jorge (10 de novembro de 2011). "Madrugada del 10 de noviembre, en el cementerio de La Almudena". Religión en libertad. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  5. "Beatas Manuela del Sagrado Corazón de Jesús y veintidós compañeras, vírgenes y mártires". El testigo fiel. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alday, Jesús María (1994). Manuela Arriola Uranga. Santoral Vasco (Bilbao). Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  • González Rodríguez, María Encarnación (2007). Quiénes son y de dónde vienen. 498 mártires del siglo XX en España. Madrid: Edice. ISBN 978-84-7141-635-3. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuela del Sagrado Corazón is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Manuela del Sagrado Corazón
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes