![](https://pplstatic.nyc3.cdn.digitaloceanspaces.com/static/images/dummy-gradient.jpg)
Quick Facts
Biography
Non confundir con Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos 1960), xornalista e escritor.
Manuel Veiga Pombo, nado en Ourense en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Asesor fiscal de profesión, foi concelleiro de Ourense dende as eleccións de 1979, sendo o cabeza de lista do PSdeG-PSOE nas eleccións de 1983 e 1987, sendo o cabeza da lista mais votada non foi elixido como alcalde tras quedar en minoría e dimitir Jorge Bermello. A inestabilidade dun goberno en minoría apoiado polo partido Indepentes de Galicia derivou nunha moción de censura que lle deu a Alcaldía a José Luis Mondelo, porén nas municipais de 1991 gañou as eleccións, sendo elixido alcalde como cabeza da lista mais votada, durante o seu mandato peonalizáronse a Ponte Vella e a rúa do Paseo.
Foi elixido parlamentario autonómico pola circunscrición de Ourense nas eleccións de 1985 e 1997 nas listas do PSdeG-PSOE.
Predecesor: Jorge Bermello | ![]() alcalde de Ourense 1987-1990 | Sucesor: José Luis Mondelo |
Predecesor: José Luis Mondelo | ![]() alcalde de Ourense 1991-1995 | Sucesor: Manuel Cabezas |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Ourense
- Alcaldes de Ourense