Manuel Veiga
Quick Facts
Biography
- Non confundir con Manuel Veiga Pombo (Ourense 1951), político galego do PSdeG-PSOE.
Manuel Veiga Taboada, nado en Monforte de Lemos en 1960, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de mestres rurais, viviu até os doce anos entre Diomondi (O Saviñao) e a cidade de Monforte. Fixo o bacharelato en Monforte e aos 17 anos marchou a Madrid, onde residiu entre 1977 e 1983. Licenciouse en Ciencias da Información e Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 2001 doutorouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED, coa tese La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923).
En 1983 incorporouse á redacción do semanario A Nosa Terra, do que foi o seu director durante entre 2007 e 2010, e desde entón reside en Vigo. Ademais da súa obra narrativa, é autor tamén de varios traballos relacionados coa historia política e coa literatura, publicados en diversas revistas especializadas.
Obras
Narrativa
- As ruínas da cidade amada (1998).
- Biografías de malogrados (2001).
- O exiliado e a primavera (2004, Xerais).
- Lois e Helena buscándose un día de tormenta (2006).
- O profesor de vegliota (2008, Xerais).
- Os xornalistas utópicos (2013, Xerais).
- Todo ser humano é un río (2016, Xerais).
Ensaio
- O pacto galego na construcción de España (2003, A Nosa Terra).
- Manuel María, buscando un país (2016, Xerais).
- Manuel María. Vida, versos e rebeldía (2016, Xerais).
Ensaio humorístico
- Do G ao Z (2012, Xerais).
Obras colectivas
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
Premios
- Premio Xerais no 2004, por O exiliado e a primavera.
- Premio García Barros no 2006, por Lois e Helena buscándose nun día de tormenta.