Manuel Simón Campos
Quick Facts
Biography
Manuel Simón Campos, Xanote, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Foi repartidor de peixe no peirao do Berbés e militante do PCE. Mobilizado en 1936, desertou e permaneceu agochado. En 1938 integrouse no grupo de Rogelio García Morales O Maletas. En 1939 presentouse ao chamamento do Gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos, que prometeu unha amnistía, e pola súa condición de desertor foi obrigado a repetir o tempo do servizo militar. Destinado a un Rexemento con gornición en Zaragoza, aproveitando un permiso fuxiu de forma definitiva a mediados de 1941.
En 1943 contactou co PCE que pretendía organizar a guerrilla no sur da provincia de Pontevedra, creando o destacamento Paco Barreiro integrado na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. No grupo integráronse os fuxidos pola represión policial. Morreu o 21 de maio de 1947 nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores. Con el faleceu o seu lugartenente Avelino Otero Montes.