peoplepill id: manuel-rico-verea
MRV
Spain
1 views today
1 views this week
Manuel Rico Verea
Mestre, musicólogo e escritor galego

Manuel Rico Verea

The basics

Quick Facts

Intro
Mestre, musicólogo e escritor galego
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Boimorto, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
77 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Rico Verea, nado en Boimorto en 1948, é un mestre, musicólogo e escritor galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato e cursos de Filosofía no Seminario de Herbón e nos franciscanos de Santiago de Compostela e maxisterio na Escola Pablo Montesinos de Madrid. Exerceu a docencia en Madrid e en Euskadi ata 1978, que volveu a Galicia. Comprometeuse coa normalización da lingua galega cunha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a literatura galegas e da música tradicional, orientándose á aplicación pedagóxica. Traballou na inspección educativa, na subdrección xeral de Política Lingüística (1983-85) e desde 1988 ata a xubilación en 2011, como xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Consellería de Educación na Coruña.

Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias (“Contos da media lúa” de Algaida, e o “Trasniño verde” da editorial Anaya) e de suplementos culturais. Formou parte do grupo musical A Quenlla e dirixiu o obradoiro de música tradicional con Nani García.

Obra

  • A pulguiña e o pulgón (1981). A Coruña: Citola.
  • Cantares (1981). Barcelona: Editorial Casals.
  • O noso galego 4 (1986). Con Carme López Taboada. Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788475071510.
  • Imos canta-los nadais (1987). Vigo: Galaxia.
  • Cancioneiro popular das terras do Tamarela (1990). Vigo: Galaxia. ISBN 9788471546869.
  • Arrolín, arrolán "con novas cancións e orientacións didácticas" (1994). Con Uxía Casal. Ed. Fontel. 89 páxs. ISBN 9788487951251. Tamén en Sons Galiza.
  • Tantarantán, tarantán, tarantiña. Recitativos e outras lerías de tradición oral (1994). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1048-9.
  • Vente vindo, ven cantando, cancioneiro escolar galego (1996). A Coruña: Ed. Fontel. 144 páxs. ISBN 9788487951640.
  • Cantos de Berce. Proxecto do Taller experimental de música tradicional (2001). A Coruña: Galinova
  • A abella trebella. Proxecto de educación infantil (2005). Barcelona: Editorial Casals.
  • Educación primaria. En liña. Cursos de 1º a 6º v.galega (2006). Madrid: Editorial Anaya.
  • Panchiño o canciño. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals.
  • A gata Renata. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals.
  • O rato Tato. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals.
  • Eu non canto por cantar (2014). Con Antón Santamarina. A Coruña. Editado e distribuído por Gadis.
  • Cantos de berce (con partituras) (2015). A Coruña. Editado e distribuído por Gadis.
  • Heiche cantar un conto, cancioneiro infantil de tradición oral de Galicia, con partituras (2016). A Coruña Editado e distribuído por Gadis.
  • Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar (2018). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-408-3.

Edición

  • Presentación de "Canto popular gallego. Luís María Fernández Espinosa" no Convento de San Francisco de Pontevedra
    Canto popular gallego de Luís María Fernández Espinosa (2024). Santiago: El Eco Franciscano. ISBN 9878409621187.

Premios

  • 1985: Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985.
  • 1987: Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987.
  • 1989: Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia.

Notas

  1. "Manuel Rico Verea - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-27. 
  2. "Manuel Rico: «Canuto Berea era todo na Coruña da súa época»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-02-14. Consultado o 2024-09-27. 
  3. "Manuel Rico Verea Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-09-27. 
  4. "Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís". exalumnos.gal. Consultado o 2024-09-27. 
  5. "Eu ben vin, virivín - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-27. 
  6. "Manuel Rico Verea Fondos de Radio Nacional de España en Galicia FONDOS DOCUMENTAIS CONSELLO DA CULTURA GALEGA". consellodacultura.gal. Consultado o 2024-09-27. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Rico Verea is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Manuel Rico Verea
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes