peoplepill id: manuel-prieto-marcos
MPM
Spain
1 views today
2 views this week
Manuel Prieto Marcos

Manuel Prieto Marcos

The basics

Quick Facts

Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Tui, Spain
Place of death
Buenos Aires, Argentina
Age
40 years
Instruments:
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Prieto Marcos, nado en Tui o 6 de xuño de 1905 e finado en Buenos Aires o 23 de xuño de 1945, foi un músico e poeta galego.

Traxectoria

Foi fillo máis vello de Arturo Prieto Pérez, natura de Ourense, e Tomasa Marcos Romo, nada en Hinojosa de Duero (Provincia de Salamanca), que morreron prematuramente. Manuel estudou solfa e ingresou na banda do Rexemento de Infantería Murcia, con base no Cuartel de Barreiro, en Lavadores, Vigo, onde foi solista de óboe. En 1925 foi nomeado subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía de Arousa. Nese tempo casou. En 1928 o matrimonio emigrou á Arxentina, instalándose primeiramente en Concordia, Provincia de Entre Ríos, e despois en Buenos Aires, onde Manuel dirixiu agrupacións corais, compuxo pezas como Cantarela, Canto de nenos, Romaxe e Ruada e harmonizou melodías populares galegas.

Colaborou en Correo de Galicia, Abrente, Alalá, Dolmen, Galicia, Lugo, Mundo Gallego, Céltiga e A Fouce. e escribiu un único libro de poesía, de 59 páxinas, Versos en gama de gaita, publicado en 1943 por Edicións das Mocedades Galegas con portada de Luís Seoane, que foi reeditado por Edicións Nós, tamén en Buenos Aires, en 1970.

As súas cinzas repousan no Cemiterio da Chacarita. A prensa escrita galega bonaerense dedicoulle unha homenaxe polo quinto cabodano.

Notas

  1. Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 352–353. ISBN 84-7492-465-0. 
  2. "Prieto Marcos, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 137. 
  3. Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X. 
  4. Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 127. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Prieto Marcos, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 50. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 109. ISBN 84-7680-429-6. 
  • "Prieto Marcos, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 151. ISBN 84-7680-288-9. 
  • Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 709 e 735. ISBN 84-7154-227-7. 
  • Fernández-Valdés Costas, Manuel (xullo de 1958). "Manuel Prieto Marcos, músico y poeta". Lar (en castelán).
  • Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 57 e 66. ISBN 84-7507-139-2. 
  • Vilanova, Alberto (1966). Los gallegos en la Argentina, tomo II. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires (en castelán).
  • Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 486. ISBN 84-8288-019-5. 

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Prieto Marcos is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Manuel Prieto Marcos
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes