Manuel Prego Chas
Quick Facts
Biography
Manuel Prego Chas, nado en Meirás (Sada) en 1907 e finado en Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense de orientación marxista.
Traxectoria
Participou activamente no Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (1932-1936), que chegou a presidir, e no Sindicato de Oficios Varios de Sada (1931-1936), e foi o fundador do Radio Comunista de Sada (1936).
Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, agochouse xunto a Juan Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero en Meirás. Fuxiron posteriormente os tres primeiros á Coruña. Alí, unhas semanas despois, foron identificados, delatados e apresados polos falanxistas sadenses. Tras sufriren torturas, foron asasinados.[Cómpre referencia] Os seus corpos foron achados o 12 de agosto no lugar de Abeleiras.
O seu nome figura na placa instalada no 2007 en Sada en homenaxe ás vítimas da represión franquista.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Velasco Souto, C.: 1936. Represión e alzamento militar en Galiza, A Nosa Terra, 2006.
- Fernández Santander, C.: Alzamiento y Guerra Civil en Galicia. 1936-1939, Ediciós do Castro, 2007.
- Arquivo do Reino de Galicia, Fondo do Goberno Civil, G-2552 e G-2563.
- El Pueblo Gallego [cómpre nº de páxina]
- Solidaridad Obrera [cómpre nº de páxina]
- Diario CNT [cómpre nº de páxina]
- La Voz de Galicia [cómpre nº de páxina]
Ligazóns externas
- Manuel Prego Chas na páxina web Nomes e Voces.
- "Víctimas da Guerra Civil de Sada e/ou en Sada" Xenealoxia.org