peoplepill id: manuel-pita-armada
MPA
Spain
1 views today
1 views this week
Manuel Pita Armada

Manuel Pita Armada

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Pita Armada, nado en Cariño cara a 1910, foi un sindicalista libertario galego.

Traxectoria

Nado no seo dunha familia acomodada da vila de Cariño, foi un dos fundadores do Sindicato da Industria Pesquera de Cariño (1933), integrado na CNT. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 sufriu prisión no castelo de San Filipe. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular saíu do cárcere ao beneficiarse dunha amnistía. Cos sublevación do 18 de xullo de 1936 embarcou no boniteiro Arkale coa directiva do sindicato rumbo ao porto francés de Saint Nazaire. De Francia trasladouse a Almería onde prestou servizo na base naval e axudou ao seu irmán José Pita na posta en marcha da industria pesqueira en Adra. Integrado na Agrupación de Gallegos Libertarios, colaborou no seu voceiro Galicia Libre. Coa derrota republicana exiliouse en Orán onde foi confinado nun campo de concentración, pero puido entrar en Francia por medio do SERE e embarcou rumbo a Chile no buque Winnipeg cos seus irmáns José e Vicente. Instalouse en Valparaíso onde traballou nunha compañía de seguros. Continuou vinculado ao movemento libertario en Chile ate ben entrados os anos cincuenta.

Na literatura

A súa historia foi recreada na novela Winnipeg (2013) de Hixinio Puentes.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Pita Armada is in following lists

By work and/or country

comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel Pita Armada
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes