Manuel Miragaia
Quick Facts
Biography
Manuel Miragaia Doldán, nado na Coruña o 17 de xullo de 1958, é un escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía pura pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Maxisterio por Ciencias Sociais, é especialista en lingua galega e diplomado en galego pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Na actualidade, traballa como profesor no IES Cruceiro Baleares, en Culleredo. Realizou diversos traballos de investigación e innovación educativa, impartiu cursos e actuou en diversas ocasións como conferenciante e en recitais de poesía.
Desde 1976 escribe habitualmente en diversos medios de comunicación: El Ideal Gallego, El Correo Gallego, A Nosa Terra, Man Común e fundamentalmente en La Voz de Galicia. Tamén escribiu semanalmente no xornal Galicia Hoxe.
Obras
Poesía
- Xénese e apocalipse, 1981, Edicións do Castro.
Narrativa
- Manual para escritores e outras sátiras, 1997, Toxosoutos.
Obra colectiva
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Manuel Miragaia na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.