peoplepill id: manuel-luis-casalderrey
MLC
Spain
1 views today
1 views this week
Manuel Luis Casalderrey

Manuel Luis Casalderrey

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Luis Casalderrey nado na Coruña o 12 de marzo de 1941, é un químico galego. En 1966 licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándos vinte anos despois. Foi catedrático de Física e Química no IES Sánchez Cantón de Pontevedra até a súa xubilación.

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Maside Ourense, logo estudou o bacharelato no IES Otero Pedraio en Ourense e finalmente rematou cos seus estudos en Ciencicas Químicas na Universidade de Santiago de Compostela.

No plano docente traballou en diferentes lugares e áreas: entre 1966 e 1968 foi profesor no Instituto Ibáñez Martin de Teruel. De 1968 a 1971 foi profesor agregado de Física e Química no IES Agra do Orzán da Coruña. No curso seguinte traballou no Instituto Virgen de la Luz de Avilés. En 1973 pasu ao Instituto Mixto de Carballo, e en 1975 estableceuse no Instituto Sanchez Cantón de Pontevedra. Amais, foi director adxunto do Instituto de Ciencias da Educación da USC.

Publicacións

É unha persoa moi activa neste ámbito con centos de publicacións de libros, revistas e folletos, á parte da súa participación en formación ao profesorado, como Física Básica, Influencia de la ubicación de centros universitarios en la elección de estudios ou actividades con etiquetas alimentarias. Desde 1989 é un columnista con artigos de alto interese científico e divulgativo no xornal La Voz de Galicia.

Recoñecementos

Recibiu o Premio Nacional á Investigación e Innovación Educativa do Ministerio de Educación e Ciencia en 1984, o Premio de defensa do consumidor en 1991 coas publicacións no xornal La Voz de Galicia, Premio Francisco Giner de los Ríos en 1992, Premio de Investigación da Xunta de Galicia en 1992 ao mellor artigo de divulgación sobre investigación, Premio Casa das Ciencias de Divulgación Científica en 1993 polo traballo "Láseres, emisores de luz especial", Premio Innovación Educativa da Xunta de Galicia en 1997 no apartado Educación para o Consumo, e accésit ao Premio Alimentos de España en 2001 na modalidade de Medios de Comunicación pola serie de artigos "Alimentos con Etiqueta" publicados en La Voz de Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Luis Casalderrey is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel Luis Casalderrey
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes