Manuel Lucas Álvarez
Quick Facts
Biography
Manuel Lucas Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 2 de agosto de 1917 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2014, foi un historiador e político galego.
Traxectoria
Especializouse en Paleografía e Diplomática na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do colexio maior "Generalísimo Franco", secretario xeral da USC (1961-1968), vicerreitor (1968-1974) e reitor (1974-1975). Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela (1955-1961) e deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), tamén presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente de Caixa Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e do Instituto de Estudios Jacobeos. Foi membro do consello asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Recibiu a encomenda con placa da orde civil de Afonso X o Sabio e a Medalla Castelao (2004).
Predecesor: José Ramón Masaguer Fernández | Reitor da Univ. de Santiago 1974 - 1975 | Sucesor: Pablo Sáez Pedrero |
Obras
- El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza, 1951.
- La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro, 1958.
- El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media, 1981.
- Santuarios marianos de Galicia: Historia, arte y tradiciones, 1995.
- El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media, 1996.
- El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Santiago de Compostela, 1999.