Manuel Gago Mariño
Quick Facts
Biography
Manuel Gago Mariño, nado en Palmeira (Ribeira) o 22 de xuño de 1976, é un xornalista e profesor galego.
Traxectoria
É doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2011 presentou a súa tese de doutoramento Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia, cualificada cun sobresaínte cum laude.
Dá clase na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC. Mantén o que se considera o blog en activo máis vello do blogomillo, Capítulo 0.
Como divulgador cultural dirixe o portal do Consello da Cultura Galega culturagalega.org. Foi comisario da exposición Ao pé do lar (Museo do Pobo Galego, 2010), promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago.
Dentro do eido arqueolóxico, participou no equipo de investigación nas escavacións do castro da Lanzada, e promoveu a escavación do complexo de Pena Furada. En 2011 creou a web patrimoniogalego.net, e en 2012 promoveu outra escavación arqueolóxica, a da Torre dos Mouros en Lira.
Obra en galego
Ensaio
- Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2.0 editora, 2012). Xunto a Xurxo Ayán.
Narrativa
- Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (Xerais, 2013). Con Manel Cráneo.
- Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (Edición de campo), 2015, Edicións Xerais.
- O anxo negro (Xerais, 2016).
Obras colectivas
- Novas tendencias do xornalismo electrónico, Lea, 2002. Con Xosé López García e José Pereira Fariña.
- Historia das historias de Galicia, Xerais, 2016.
Obra en castelán
Ensaio
- Sistemas Digitales de Información (Pearson Prentice Hall, 2006).
- Diseño Periodístico en Internet (UPV, 2007).