peoplepill id: manuel-fandino-ricart
MFR
Spain
1 views today
1 views this week
Manuel Fandiño Ricart

Manuel Fandiño Ricart

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Death
Age
82 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela en 1896 e falecido na mesma cidade en 1978, foi un militante anarcosindicalista galego. Era irmán de Alfonso e Antonio, tamén militantes anarcosindicalistas e de Coralia e Maruxa, coñecidas en Compostela como "As dúas Marías".

Traxectoria

Pintor de santos de profesión, comezou a destacar entre o movemento obreiro compostelán en 1917, cando dirixiu a folga xeral que rematou coa dimisión do alcalde liberal Luís Blanco Rivero, e posteriormente, xunto con Ezequiel Rey Turnes, posibilitou a adhesión de numerosas sociedades de oficio locais á CNT. En 1925 foi elixido Secretario Xeral da Confederación Rexional Galaica, cargo que ocupou até 1930. Durante a Segunda República estivo como secretario liberado da Federación Rexional de Industria Pesqueira, domiciliada en Vigo até 1935 e en Marín até o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á guerra civil española.

Mantívose agochado no seu domicilio até 1945. Ao ano seguinte, coa reconstitución da CRG, foi de novo elixido Secretario, substituíndo ao coruñés Félix Álvarez Arganzúa. Foi detido o 11 de abril de 1947, e pasou cinco anos no cárcere de El Dueso (Santoña).

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

  • Ficha na web do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Fandiño Ricart is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel Fandiño Ricart
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes