Manuel Dopazo Gontade
Quick Facts
Biography
Manuel Dopazo Gontade, nado en Manduas (Silleda) o 10 de maio de 1882 e falecido en Buenos Aires o 28 de abril de 1952, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria
Fillo dos labregos Francisco Dopazo e Dolores Gontade, aprendeu a tocar a gaita cando pícaro. En 1892 presentouse por vez primeira a un concurso de gaitas en Santiago de Compostela e de novo en 1894, acadando o primeiro premio.
En 1902 foxe do país cara a Arxentina. Vai acompañado da moza Margarita Perfecta Collado, coa que casa en 1906, tendo 11 fillos. Na Arxentina consagrou a súa vida á tocar a gaita e mesmo aprendeu a fabricar esta. Soamente regresou a Galiza en 1923 co gallo dunha visita á nai.
Manuel Dopazo gravou discos e chegou a cantar e tocar ao mesmo tempo, arte que poucos gaiteiros souberon desenvolver. Así mesmo, actuou en dous filmes co seu grupo en escenas festivas:
- Cándida (Luis Bayón Herrera, 1939, EFA), con Niní Marshall e Juan Carlos Thorry
- La calle junto a la luna (Román Viñoly Barreto, 1951, Emelco), con Narciso Ibáñez Menta e Enrique Serrano.
Ademais, compuxo numerosas pezas para gaita e destacou na fabricación de gaitas, oficio que aprendeu na Arxentina. Manuel faleceu aos 70 anos o 28 de abril de 1952, feito que produciu un fondo pesar na colectividade.
Homenaxe
No ano 2006, inaugurouse na vila da Bandeira un auditorio que leva o seu nome, lugar de ensaio da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira e de varios grupos máis desta vila.