peoplepill id: manuel-diaz-rozas
MDR
Spain
1 views today
1 views this week
Manuel Díaz Rozas

Manuel Díaz Rozas

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Death
Age
90 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Díaz Rozas, nado na Coruña en 1894 e finado na mesma cidade en 1984, foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria

Rúa Manuel Díaz na Coruña.

Logo de realizar estudios normalistas na Coruña continuounos na Escuela Superior de Magisterio de Madrid. En 1920 foi profesor na Escola Normal de Zamora ao ano seguinte inspector-xefe de educación primaria na provincia da Coruña. Gozou dunha estancia de estudios pedagóxicos no Instituto Rousseau de Xenebra en 1920 e ao ano seguinte visitou de varios países europeos para coñecer as súas realidades escolares. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi apartado do cargo e enviado a Huelva polas súas ideas republicanas. En 1930 volveu facer unha nova viaxe por varios países.

Durante a Segunda República regresou á Coruña. Foi membro da Agrupación al Servicio de la República e despois relacionouse coa ORGA e cos galeguistas. Foi promotor da Asociación de Vanguardia Pedagógica e do seu Boletín de Vanguardia Pedagógica e tamén do intento de crear en Galicia unha Sociedad Paidológica Gallega en 1932. Neste ano, na Asemblea Estatutaria Galega, defendeu a necesidade de realizar un tratamento político autonómico do ensino. Tamén foi un dos promotores das Misións Pedagóxicas (1933) na Coruña e Pontevedra. En 1934 pasou a dirixir a sección de Pedagoxía do Seminario de Estudos Galegos, ao amparo da cal funcionou un laboratorio de psicotecnia e se realizaron conferencias pedagóxicas en 1935 en Pontevedra (Díaz Rozas defendeu a necesidade da galeguización lingüística escolar e da práctica dunha escola activa no contexto dunha renovada escola rural).

Co inicio da Guerra Civil foi sancionado co trasladado a Ávila, sen poder exercer cargos directivos dentro da inspección. Despois foi afastado definitivamente da inspección e ata os anos cincuenta non puido reincorporarse á súa función.

Casado coa tamén inspectora Cristina Pol, reuniron unha importante biblioteca psicopedagóxica que se recuperou e incorporou ao Seminario de Estudos Galegos e ao Instituto Galego de Información.

Obras

  • Datos biográficos de Don Leopoldo Pedreira Taibo, 1915 (en colaboración con Federico García).

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Díaz Rozas is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel Díaz Rozas
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes