Manuel Cuíña Fernández
Quick Facts
Biography
Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, sae elixido concelleiro e nomeado tenente alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder no 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente alcalde de Silleda. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada e repite mandato tras obter maioría absoluta nas eleccións municipais do 2015. É ademais o actual secretario de organización dos socialistas de Silleda.
Predecesor: Paula Fernández Pena | Alcalde de Silleda 2013 - actualidade | Sucesor: no cargo |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Silleda