peoplepill id: manuel-celso-matalobos
MCM
Spain
1 views today
2 views this week
Manuel Celso Matalobos

Manuel Celso Matalobos

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Age
65 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Celso Matalobos Cerceda, nado en Lugo o 1 de abril de 1959, é un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de lingua galega e literatura no IES Lucus Augusti, centro no que exerce actualmente como xefe de Departamento de Lingua e Literatura Galega, sobre o que leva publicado numerosos traballos de carácter multidisciplinar. Foi tamén profesor de Didáctica no ICE da Universidade de Santiago, coordinador provincial do Gabinete da Reforma Educativa e coordinador docente de Galego da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Colabora en diversos xornais e revistas, como Dorna, Grial, O Libelo, Pazo das Musas ou Xistral. Ten coordinado edicións de textos escolares para ESO e BAC e a colección Cadernos para o ensino, e, tamén publicou varios traballos sobre autores galegos: Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez Blázquez.

Obras

Poesía

  • Prestixio. Versos sen nicotina, 2003, Grafinco.
  • Retratos literarios, 2005, IES Lucus Augusti.
  • Elementos de Arquitectura Senti_MENTAL-ista, 2007, Bubela.

Ensaio

  • Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa, 1985, Concello de Lugo.
  • Lingua e publicidade, 1993, Xunta de Galicia.
  • Humorismo e lírica satírica, 1996, IES Lucus Augusti, vídeo.
  • Olladas ó Lucus Augusti, 2003, Xunta de Galicia.
  • Papel e pincel. Pintores e escultores do Instituto de Lugo, 2004, Xunta de Galicia.
  • Autores do Instituto de Lugo, 2005, Xunta de Galicia.
  • Xosé María Álvarez Blázquez, 2008, Concello de Lugo.

Obras colectivas

  • Vocabulario galego de F. P., 1984, Celta.
  • Actas do Congreso Internacional de Rosalía de Castro, 1986, Consello da Cultura Galega/USC.
  • Escolma poético-musical galega, 1990, Xunta de Galicia, audio-libro.
  • Os escritores lucenses arredor de Fole.
  • Poemas e contos da muralla, 2001, Concello de Lugo.
  • Códice Calixtino, versión en galego, 2009.
  • Dicionario Galego-Latino, clasico e moderno, 2010.
  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Fundación, 2011, Bubela.

Premios

  • Premio Buril das Letras Galegas en Burela, no 1986.
  • Premio de Materiais Curriculares da Xunta de Galicia no 1992.
  • Premio Rosalía de Castro de Cornellà no 1993.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Celso Matalobos is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel Celso Matalobos
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes