Manuel Castro Castro
Quick Facts
Biography
Manuel Castro Castro, coñecido como Eirexalba e Rei, nado no Incio e finado en Lugo o 30 de agosto de 1938, foi un político galego.
Traxectoria
Afiliado a Falanxe do Incio a comezos de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro da Escuadra Negra de Eirexalba ás ordes de Manuel Díaz López "Chaquetón" e participou nos asasinatos de Manuel Díaz González, Jesús Casas González e Rosendo Vila Fernández. Foi nomeado policía local en Sarria en 1938. Foi acusado con Manuel Díaz López do asasinato de Manuel Saco Rivera, abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, e ambos foron detidos xunto co indutor, o que fora xefe local de Falange de Sarria, Eduardo Gómez Requejo. Ingresaron no cárcere de Lugo xunto co xefe provincial de Falange Ramón Martínez Losada. Foron procesados e xulgados en consello de guerra, sendo executados Manuel Saco e Manuel Castro no patio do cárcere de Lugo o 30 de agosto de 1938. Ao indutor do crime, Eduardo Gómez Requejo, Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.