Manuel Carrozas Varela
Quick Facts
Biography
Manuel Carrozas Varela, nado en Sarria cara a 1907, foi un falanxista galego.
Traxectoria
Fillo de Luis Carrozas e Manuela Varela. Foi detido pola Garda Civil en 1921 como promotor dunha pelexa na que resultou un mozo ferido de escopeta. Afiliado a Falange, a madrugada do 26 de xuño de 1936 foi autor do atentado contra o concelleiro e secretario de Izquierda Republicana de Sarria Pedro García Arcas, que resultou gravemente ferido polos disparos e morreu ao día seguinte, e do asasinato do tamén militante de IR Victorino Cabarcos López, no local da sociedade La Unión. Como protesta declarouse a folga xeral en Sarria.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Lugo por dous policías na madrugada do 23 de xullo por resistenza e insultos, pero desapareceu do Cuartel onde estaba retido antes do 1 de agosto. Ao pouco tempo foi nomeado xefe de milicias de Falange de Sarria. En 1948 ingresou no Instituto Psiquiátrico de Valladolid.
Notas
- ↑ La Integridad, 25-10-1921, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 27-6-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-6-1936, p. 12.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.
- ↑ "Manuel Carrozas Varela". Sarria acento galego. 7 de abril de 2016.
- ↑ El Progreso, 4-10-1936, p. 4.
- ↑ Comisión Gestora de la Diputación (15 de xaneiro de 1948). "Sesión del 31 de diciembre de 1947". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. p. 237.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Cilia Torna (1 de novembro de 2013). "Para nós o matar é unha honra". Nós.