Manuel Candocia Ramos
Quick Facts
Biography
Manuel Candocia Ramos, nado en Cedeira en 1945 e finado na Igrexa (As Somozas) o 19 de xaneiro de 2014, foi un político galego, alcalde das Somozas durante máis de tres décadas.
Traxectoria
Foi elixido alcalde das Somozas nas primeiras eleccións democráticas por UCD. Continuou no posto despois dos comicios de 1983 e 1987 ao encabezar as candidaturas de Coalición Galega e Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e obtivo de novo a maioría absoluta, que repetiu nas seguintes eleccións. Durante os seus mandatos construíuse o polígono empresarial das Somozas.
Propietario dun bar nas Somozas, foi tamén o presidente do club de fútbol Unión Deportiva Somozas dende 1984 ata o seu falecemento, trinta anos despois.
Predecesor: ? | Alcalde das Somozas 1979 - 2014 | Sucesor: Juan Alonso Tembrás |
Vida persoal
Faleceu na tarde do 19 de xaneiro do 2014 mentres presenciaba o partido que enfrontaba a UD Somozas e o CCD Cerceda, a causa dun infarto.
Notas
- ↑ Falece o alcalde das Somozas, Manuel Candocia, mentres presenciaba un partido de fútbol Noticia en La Voz de Galicia
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais nas Somozas
Ligazóns externas
- Entrevista en La Voz de Galicia, 6 de novembro de 2008.
- Reportaxe en El País, 19 de maio de 2011 (en castelán).