Manuel Cabezas
Quick Facts
Biography
Manuel Jaime Cabezas Enríquez, nadoen Ourense o 14 de novembro de 1953, é un empresario e político galego.
Traxectoria
Enxeñeiro agrónomo, comezou a súa carreira profesional como xerente da Cooperativa Vinícola do Ribeiro. Membro do Partido Popular, foi deputado pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados (1993-1995) e despois alcalde de Ourense desde 1995 ata 2007. Foi o primeiro alcalde popular en celebrar unha voda entre homosexuais, polo que recibiu a crítica do bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza. No ano 2006 anunciou que non se presentaría ás eleccións municipais de 2007, e dimitiu como alcalde en xaneiro de 2007, deixándolle o seu posto ao vindeiro candidato do PP Enrique Nóvoa López. Porén mantivo o escano no Senado que ocupou desde o 2004 e no que cesou no ano 2008. Dende esa data volveu adicarse ás súas empresas.
Predecesor: Manuel Veiga Pombo | alcalde de Ourense 1995−2007 | Sucesor: Enrique Nóvoa López |
Predecesor: Julio Álvarez Núñez | presidente da Fegamp 1999−2003 | Sucesor: Xosé Crespo Iglesias |
Véxase tamén
Bibliografía
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Outros artigos
- Eleccións municipais en Ourense
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Federación Galega de Municipios e Provincias