peoplepill id: manuel-barros-chantada
MBC
Spain
1 views today
1 views this week
Manuel Barros Chantada
Canteiro e político galego

Manuel Barros Chantada

The basics

Quick Facts

Intro
Canteiro e político galego
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Meis, Spain
Place of death
Buenos Aires, Argentina
Age
86 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Barros Chantada, coñecido como Rancheiro, nado en Meis o 28 de outubro de 1901 e finado en Buenos Aires o 12 de decembro de 1987, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria

Fillo de Manuel Ramón Barros Torres. Labrego. En maio de 1936 afiliouse á "La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da República colaborando na requisa de armas. Desprazado a Pontevedra, non chegou a capital ao ser informados da caída da cidade. De volta a Meis, tiveron un enfrontamento no Curro coa garda civil que lles inutilizou o automóbil. Fuxiu e agochouse até o 6 de novembro, cando foi chamado ao cuartel da garda civil de Cambados. Foi detido, déronlle unha malleira e abandonárono na beiravía dun camiño. Chamado a filas, incorporouse e foi destinado a Ferrol até que o 6 de xaneiro de 1937 foi asignado ao Rexemento de Infantería Mérida 35 destinado na fronte de Asturias. Trasladado a Soto de las Regueras o 7 de outubro decatouse de que ía ser fusilado xunto co seu curmán Marcial Chantada Barros e decidiu pasarse ao exército leal. Pasou a Trubia e despois a Xixón, para ser destinado finalmente a Pola de Siero. Foi ascendido a sarxento e destinado a Puerto Puntón. Cando recibiu a noticia da rendición de Asturias emprendeu a fuxida a Xixón e logrou embarcar aínda que non puido chegar a Francia, tendo que dar volta e atracar en Candás. de alí marchou andando a Xixón onde foi detido o día 22, e para evitar ser deportado deu unha identidade falsa. O 3 de decembro trasladárono á praza de touros, onde permaneceu até o 11 cando o trasladaron á fariñeira de Xixón. O 24 de febreiro foi trasladado á prisión de San Marcos en León. Foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condeno a 12 anos e un día de prisión. O 28 de xuño foi trasladado á prisión do mosteiro de San Pedro de Cardeña ate o 28 de agosto que o levaron á prisión provincial de Soria dende onde foi transportado a La Muedra para traballar nas obras de construción da presa de La Cuerda del Pozo onde aprendeu o oficio de canteiro. Permaneceu alí até o 11 de maio de 1942 cando lle comunicaron a súa posta en liberdade. Regresou a Meis para visitar a súa familia. Volveu traballar á presa até o remate das obras en 1943 e despois trasladouse a Covaleda pra traballar na construción de casas. Retornou a Meis e agochouse nun refuxio habilitado na casa dos pais. Durante o tempo que estivo agochado imprimiu panfletos de propaganda antifascista nunha imprenta de man e fixo pintadas axudado por Manuel Abal Maquieira. Solicitou o indulto en base ao decreto de 9 de outubro de 1945 e foille concedido. En 1947 intentou emigrar a Venezuela, pero ao serlle denegado o visado de entrada polos seus antecedentes político, marchou á Arxentina. Alí casou con Basilisa González Álvarez. En 1972 visitou Meis e recuperou o caderno de notas escrito durante o seu cativerio. En base a el escribiu en 1980 Relato y memorias de un prisionero cautivo de facto del "General Franco". Finado en 1987, foi soterrado no Cemiterio de La Paz (Madrid). En xaneiro de 2011 as súas cinzas foron trasladadas ao cemiterio de San Salvador de Meis.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 158–163. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Menu Manuel Barros Chantada

Basics

Introduction

Traxectoria

Véxase tamén

Lists

Also Viewed

Lists
Manuel Barros Chantada is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Manuel Barros Chantada
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes