peoplepill id: manuel-amor-meilan
MAM
Spain
1 views today
2 views this week
Manuel Amor Meilán

Manuel Amor Meilán

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.

Traxectoria

Traballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.

Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.

Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en galego, ademais de publicar numerosos relatos n' O Tío Marcos da Portela e outras publicacións.

Fundador da Real Academia Galega en 1905, tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

Suriña, 1913.

Obras

Entre outras:

Geografía General del Reino de Galicia dirixida por F. Carreras y Candi. Provincia de Lugo por Manuel Amor Meilán, 1928.
  • Mendo de Maceda o los amores de un noble, 1882 (novela en castelán)
  • Justicias y crueldades, 1883 (novela en castelán)
  • Treboadas, 1884 (poesía en galego)
  • Desde la honradez de un crimen, 1884 (novela en castelán)
  • Xuana, novela de costumes gallegas, 1886 (novela en galego)
  • Os fillos da praia, 1887 (novela en galego)
  • Pedro Madruga, 1887 (poesía en castelán)
  • Amante, esclava y verdugo, 1888 (novela en castelán)
  • Dolores, Álbum de mi hija, 1890
  • Sol y sombra. Cuentos y paisajes, 1893
  • El último hijodalgo, 1893, Biblioteca Gallega (relatos en castelán)
  • Reinar despois de morrer, 1897
  • Gregorio Hernández (El Murillo de la escultura), 1898 (ensaio en castelán)
  • Santa Trahamunda, 1900
  • Galicia en el teatro antiguo, 1902
  • Influencia de la dominación musulmana en Galicia, 1902
  • Floralba, 1902 (poesía en castelán)
  • La cadena, 1905
  • La bella Cintia, 1907
  • Cuentos y Romances, 1907 (narrativa e poesía en castelán)
  • El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político, 1908
  • Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego, 1912
  • Suriña, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1913 (novela en castelán).
  • Romances, 1916
  • Historia de la provincia de Lugo, 1918-27, 7 volumes

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    •  
    • Entrada "Amor Meián, Manuel Pascual" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 53, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

    Ligazóns externas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Manuel Amor Meilán is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Manuel Amor Meilán
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes