peoplepill id: manoel-riveiro-loureiro
MRL
Spain
1 views today
1 views this week
Manoel Riveiro Loureiro
Escritor galego

Manoel Riveiro Loureiro

The basics

Quick Facts

Intro
Escritor galego
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
A Coruña
Place of death
A Coruña
Age
76 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manoel Riveiro Loureiro, nado na Coruña en 1933 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2009, foi un escritor galego.

Traxectoria

Orfo de pai dende os tres anos, represaliado tralo golpe de estado franquista, traballou dende moi novo e non recibiu apenas formación escolar. Logo de ocupar diversos postos como recadeiro e axudante, embarca como mariñeiro, ao comezo na pesca de baixura e logo na pesca de altura no Gran Sol. Despois do servizo militar, que o leva a Cartagena e a Ferrol, embarca na mariña mercante.

Despois de casar emigra ao Montevideo, onde permanecerá ata 1973, ano en que regresan a Galicia. Catro anos despois queda no paro e comeza a escribir, dando ao prelo Pola ida e pola volta en 1977, con corenta e catro anos. Escritor moi prolífico e atesourador dunha gran cantidade de premios e galardóns literarios, tamén destacou como tradutor do ruso. Ademais das obras que publicou individualmente, foi autor de numerosísimos relatos que se publicaron en diversos volumes colectivos.

Tamén fixo colaboracións en medios audiovisuais, e participou como extra en series de televisión, como Mareas vivas.

Obra

Narrativa

  • Pola ida e pola volta, 1977, Librodouro.
  • A moa, 1984, Edicións do Castro.
  • As cereixas, 1988, Xerais.
  • O patrón, 1990, Edicións do Cumio. ISBN 84-87216-12-X
  • Caladamente, 1991, Vía Láctea.
  • O Peixoto, 1992, Edicións do Cumio. ISBN 84-87216-38-3
  • As trazas do demo, 1992, Diario 16 de Galicia.
  • Corpo canso, 1993, Ir Indo.
  • A volta de Castelao, 1995, Espiral Maior.
  • O primeiro amor, 1997.
  • Xullo-agosto, 2006, Sotelo Blanco.

Teatro

  • A vinga, 1987, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • O coronel ten a quen lle escribir, 1989, Xerais.
  • O prazo, 1994, Xerais.

Literatura infanto-xuvenil

  • A primeira pedra, 1994, Edelvives.
  • Benvidos, 1996, Edelvives.
  • Sabotaxe na Estaca de Bares, 1997, Edelvives.

Tradución

  • O primeiro amor, de Iván Turguiéñef, 1987, Xerais.
  • Un heroe do noso tempo, de Mikhail Lérmontov, 1989, Xerais.
  • Sete narradores soviéticos, 1991, Xerais.
  • O bosque de Ancines, de Carlos Martínez-Barbeito, 1992, Laiovento.

Obras colectivas

  • Traballos premiados no 4º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, 1978, Edicións do Castro.
  • Autor do relato Un algo preto nas mentes publicado en O larvisión. De como ti abandonou-no a vocé. Un algo preto nas mentes. O dez por cento, 1981, Edicións do Castro.
  • A gran novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1982, Edicións do Castro.
  • Vida infame de Tristán Fortesende - As trazas do demo - Homo sapiens, 1984, Edicións do Castro.
  • Premios Pedrón de Ouro. X Certame Nacional Galego de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo", 1985, Edicións do Castro.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • I Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, 1999, Além-Parte.
  • VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta]] 1998, 1999, Concello do Grove.
  • Tecendo panos, 2000, Laiovento.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.

Premios

  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1977, por Dous esguiriños.
  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1978, por Cuca, a viaxeira.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1978, por Terra sequeira.
  • Finalista do Premio Modesto R. Figueiredo no 1981, por O pau.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1984, por Grabación da volta a Galiza, dende o Pazo de Raxoi.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1985, por Meirama.
  • Premio do Concurso de Teatro Infantil Concello de Xove no 1986, por Viladesfeita.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1987, por O troco.
  • Gañador ex aequo do Premio Modesto R. Figueiredo no 1989, por Vindo de volta.
  • Gañador do I Premio de narrativa Camilo José Cela no 1990, por Caladamente.
  • Premio García Barros no 1992, por Corpo canso.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1993, por O prazo.
  • Gañador do primeiro premio do Premio Modesto R. Figueiredo no 1994, por O coxo da Gamboa.
  • Gañador ex aequo do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 1999, por O río da tristura.
  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2005, por Xullo-Agosto.

Obra en castelán

Narrativa

  • Camino de Chiapas, (1999).

Vida persoal

Casou e quedou viúvo. Faleceu ao caer dende unha fiestra da súa casa, por razóns descoñecidas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manoel Riveiro Loureiro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manoel Riveiro Loureiro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes