peoplepill id: manecas-costa
MC
Guinea-Bissau
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

Gender
Male
The details (from wikipedia)

Biography

Manecas Costa, nado en Cacheu en 1967 é un cantante e compositor de Guinea-Bisau.

Traxectoria

Medrou nunha familia da etnia Manjaca. Comezou a tocala guitarra con 9 anos e estudou con José Carlos Schwarz, un dos artistas máis recoñecidos de Guinea-Bisau. Formou o grupo musical Africa Livre co seu irmán Nelson con tan só 10 anos, tiveron éxito e converteuse na estrela local. O traballo do compositor e guitarrista Manecas Costa baséase no gumbe, expresión musical e danza predominante na súa rexión de orixe, acompañada polo tambor de auga e canta en crioulo, unha mestura das linguas indíxenas e o portugués. Na década de 1970 colaborou con moitos artistas de Guinea-Bisau,como N'Kassa Cobra, Cobiana Djaz, Mama Djombo, que o levou a Cuba onde tocou xunto á Orquesta Aragón, e Kapa Negra. A finais da década de 1980 converteuse no baixista de artistas como Ze Manel. Porén decidiu comezar a súa carreira en solitario, gañou un premio de UNICEF nun concurso internacional de radio en 1987. A súas letras tratan da situación na que se atopan as mulleres guineanas e sobre terceiro mundo en xeral. Foi nomeado Embaixador de boa vontade de UNICEF ós 20 anos, participou en campañas para os programas de saúde infantil e compuxo cancións para difundila mensaxe, como o tema Meninos.

Coma moitos músicos de Guinea-Bisau emigrou na busca de mellores oportunidades, trasladouse a Lisboa en 1990. Na década de 1990 fixo xiras por Angola, Cabo Verde, Italia e Portugal, onde se estableceu. Gravou o seu primeiro álbum en Lisboa Mundo di Femea (1991), proxecto no que participaron algúns músicos da comunidade de Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa como Paulino Vieira, Eduardo Paim e tamén seu irmán Nelson Costa. Nesta etapa colaborou con moitos outros artistas como Paulo Flores, Tabanka Djaz, Bius, Waldemar Bastos e Astra Harris. O seu segundo álbum Fundo di Mato é un traballo que vai do acústico ó eléctrico e do tradicional á música moderna.

Participou no disco recompilación Palop Africa!, que reuniu varios músicos dos países africanos de fala portuguesa e fixo algunhas actuacións no Reino Unido para amosalo traballo. A canción Ermos di terra causoulle impresión á musicóloga inglesa e presentadora do programa World Routes da BBC Radio 3 Lucy Duran, o resultado foi o álbum Paradiso Di Gumbe (2003), producido por Lucy Duran. Considérase o primeiro disco gravado en Guinea-Bisau a pesar da rica tradición musical do seu país, que aínda se atopaba en proceso de reconstrución trala guerra civil de 1998. Lucy Duran e máis o produtor Jerry Boys montaron un estudio de gravación improvisado na discoteca The Rio en Guinea Bisau. Traballaron predominantemente con músicos nativos pero incorporaron á gravación novos instrumentos.

Tras coñecer a Narf no Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré en Pontevedra e decidiron traballar xuntos. Gravou o seu cuarto disco Aló Irmao! (2010), en colaboración con Narf, en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela o ano 2009. Conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas.

Discografía

  • Mundo Di Fêmea (1991)
  • Fundo Di Matiu (1999)
  • Paradiso Di Gumbe (2003)
  • Aló irmao! (2010)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Narf
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manecas Costa is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manecas Costa
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes