Luís Zamora Carrete
Quick Facts
Biography
Luís Zamora Carrete, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade en agosto de 1918, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Foi catedrático de Dereito natural e Procedementos e prácticas xurídicas na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu El Eco del Miño, colaborou en La Concordia, El Porvenir e La Integridad. Traduciu e publicou en folleto unha obra do Vizconde de la Figaniere. Foi xefe provincial carlista.
En 1905 deu o discurso de apertura do curso universitario 1905-1906 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "Consideraciones sobre la prescripción legislativa que a la letra dice: «La declaración de corcurso incapacita al concursado para la administración de sus bienes y para cualquiera outra que por ley le corresponda»".