Luis Viñas Cortegoso
Quick Facts
Biography
Luís Viñas Cortegoso, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1912 e finado en Vigo en 1999, foi un editor galego.
Traxectoria
Fillo de Joaquín Viñas del Monte e sobriño de José Viñas del Monte. Estudou Maxisterio na Normal de Pontevedra e obtivo o título en 1931. Exerceu como mestre de escola en Galicia. Trasladouse a Madrid en 1934 para ampliar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Profesor de instituto, foi depurado tras a Guerra Civil española pola súa relación co galeguismo, e tivo que comezar a vivir das artes gráficas. Ata 1950 non puido acceder a Inspector de Ensino Primario. Fundou, xunto con Xosé María Álvarez Blázquez, a Editorial Monterrey, e máis adiante, foi socio fundador da Editorial Galaxia. Anotou e editou a Vida y viajes literarios de Frei Martín Sarmiento (Edicións Monterrey, Vigo, 1952).