Luís Nodar Castro
Quick Facts
Biography
Luís Nodar Castro, nado en Esteiro (Nogueirosa, Pontedeume) en 1910 e finado en Ferrol o 9 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.
Traxectoria
Fillo de Juan Nodar Martínez, canteiro e activo dirixente societario. Vivía coa familia en Leiro, onde en 1931 presidiu a Sociedad de Oficios y Profesiones Varias afecta a UGT. Militante do PSOE, en 1934 foi elixido secretario da Agrupación Socialista de Pontedeume que presidía Manuel López Seijo. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Pontedeume. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República. Nun primeiro momento logrou escapar e buscou refuxio en Esteiro. Descuberto por uns veciños marchou á casa da súa irmá en Bermui. O seu irmán maior, Juan, falanxista, trasladouno á Coruña para embarcalo e sacalo do país. Non puido logralo e volveu para casa alternando as estancias na casa dos pais en Leiro co domicilio de Esteiro. Foi descuberto e detido o 7 de maio de 1937. Interrogatorio no cuartel da garda civil de Pontedeume, foi trasladado ao cárcere en Ferrol o día 10 e de alí pasou ao castelo de San Felipe. Xulgado en consello de guerra o 3 de xullo, foi condenado a penade morte. Foi executado no castelo de San Felipe o 9 de xullo de 1937.