Luis J. Pérez
Quick Facts
Biography
Luis J. Pérez, nado na Coruña o 25 de decembro de 1978, é un escritor galego, novelista de ciencia ficción e economista.
Traxectoria
Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. A súa actividade laboral sempre estivo centrada neses dous eidos. Participou como articulista na revista universitaria 4Gatos (1998-2000) e foi director da extinta revista literaria Voces (2000-2008).
As súas novelas encádranse dentro da ciencia ficción futurista, contornas posibles ou factibles de acordo á ciencia actual, caracterizados pola aventura na que os seus personaxes ven inmersos dentro desa época e certo contexto catastrófico-distópico.
Publicou con éxito as novelas: La mínima verdad (2011) e Sin alternativa (2014), das que recibiu multitude de críticas nos medios.
En novembro de 2017 lanzou a súa terceira novela titulada Ideando libertad.
Notas
- ↑ "Presentación en Conocer al Autor". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ Revista Universitaria 4 Gatos
- ↑ Sinopsis Sin alternativa, Biblioteca Tercera Fundación, 2014
- ↑ Mosaico de enlaces sobre La mínima verdad
- ↑ Mosaico de enlaces sobre Sin alternativa
- ↑ «¿Vivimos la época dorada de la humanidad?», El Ideal Gallego, 22 de abril de 2014