Luís González Blasco
Quick Facts
Biography
Luís González Blasco, coñecido como "Foz", nado en Foz en 1941, é un político galego.
Traxectoria
Formou parte do Consello da Mocedade (1962-1963) do que foi expulsado xunto cun grupo de mozos acusados de comunistas, que fundan ao ano seguinte a Unión do Pobo Galego (UPG). A estadía en Madrid e o contacto co grupo Brais Pinto déronlle á súa personalidade os trazos nacionalistas e marxistas. En 1968 tivo que exiliarse en Francia onde se licenciou e Lingüística Xeral na Universidade de París VIII. Ata 1974 foi o promotor principal da organización de núcleos da UPG en Francia, Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña e participou na redacción da Carta de Brest. A súa estancia en Portugal para conectar coas forzas revolucionarias e os refuxiados galegos marcou a súa idea dun Portugal inseparable de Galica e o reintegracionismo lingüístico. Abandonou a UPG en 1978 integrándose no Partido Galego do Proletariado; despois militou noutras organizacións independentistas como Galiza Ceive, a primeira Frente Popular Galega (1987) e a Assembleia do Povo Unido. Na actualidade traballa como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Publicou en revistas e obras colectivas algúns traballos sobre lingua e literatura galegas e sobre a historia do nacionalismo galego contemporáneo.
Obra escrita
Ensaio
- A política e a organizaçom exterior da UPG (1964-1986), 2012, Laiovento.
Obras colectivas
- Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982, 1983, AGAL. 2ª edición en 1989.
- Prontuário ortográfico galego, 1985, AGAL.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
- A semente da nación soñada. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, 2008, Sotelo Blanco/Xerais.
- Por um galego extenso e útil, 2010, Através Editora.
- A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.