Luís Chamorro
Quick Facts
Biography
José Luís Chamorro Castro, nado en Pontevedra en 1898 e finado en Tribomont (Bélxica) en 1969, foi un sindicalista e militante libertario galego.
Traxectoria
Traballou como estibador no porto da Coruña. Militante da CNT, deuse a coñecer nunha folga no ramo do transporte en 1920. Na ditadura de Primo de Rivera estivo embarcado como enfermeiro marítimo e participou nas loitas sindicais da Arxentina integrado na FORA. Coa proclamación da República volveu a Coruña e destacou na CNT polo seu aliñamento coas posturas máis radicalizadas e as súas accións na FAI e nos Grupos de Defensa. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Bilbao, onde desempeñou postos de responsabilidade no Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Pasou despois a Cartagena, onde foi secretario de Defensa local e un dos fundadores da Agrupación de Gallegos Libertarios "Galicia Ceive". Coa derrota trasladouse a Casablanca, actuou na resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT no exilio establecido en Tolosa. Finou accidentalmente nun Asilo de Anciáns exiliados próximo a Liége.