peoplepill id: luis-bara
LB
Spain
1 views today
2 views this week
Luís Bará
Spanish politician

Luís Bará

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
Places
Work field
Gender
Male
Age
59 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.

Traxectoria

Estudou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, formando parte da 1ª promoción que estudou Lingua Galega e Literatura no curso 1979-1980. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Torrente Ballester desde 1988 ata 1999 en que pediu a excedencia ao pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011). Tralas eleccións municipais de 2011 continuou no goberno grazas á coalición do BNG e do PSdeG. Actualmente é Concelleiro de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico polo BNG, no Concello de Pontevedra.

Impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra), apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).

Colabora na recuperación da memoria histórica, primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog.

Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva.

Publicacións

  • Lingua galega e Literatura 3. A descrición (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1995, 126 páx. ISBN 9788475079202
  • Lingua galega e Literatura 3. A narración (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 135 páx. ISBN 9788475079660
  • O diálogo. Lingua galega e Literatura 4 (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 136 páx. ISBN 9788483020357
  • Lingua galega e Literatura 4. A exposición e a argumentación (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1998, 150 páx. ISBN 9788483023037
  • Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade. Instituto de Estudos Miñoráns, 2017, 246 páx. ISBN 9788461789504

Limiar de: Cegoñas no fondo da ría (Manuel Lourenzo González, 2015)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Luís Bará is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Luís Bará
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes