Luís Aguirre del Río
Quick Facts
Biography
Luís Aguirre del Río, nado en Lestrobe (Dodro) o 3 de febreiro 1842 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro 1866, foi un poeta en castelán e compositor galego.
Traxectoria
A súa etapa escolar desenvolveuse en Rianxo, residencia de seus avós paternos, ata o ano 1853, momento no que se traslada a Santiago para inicia-los estudos secundarios. No ano 1860 graduouse como bacharel en artes e matriculouse en Filosofía e en Dereito. Enfermou durante a súa estadía en Madrid e morreu en Santiago no 1866.
Escribiu o Diccionario del dialecto gallego, o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán. Suponse que o escribiu mentres estudaba en Compostela e sábese que está datado en 1858. En 1862 foi a Madrid, onde contou coa protección de Nicomedes Pastor Díaz e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo, aínda que no ao seguinte se anunciase nun xornal galego a intención do prelo do xornal de publicalo por entregas. O dicionario, que inclúe unhas 8 000 palabras, non foi publicado até o ano 2007, cando foi editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, baixo a preparación da filóloga e profesora Carme Hermida.
Como poeta publicou a peza Himno escolar (1859) e mais o poema "Ámame" no Álbum de la Caridad (1862).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Hermida Gulías, C. (ed.) (2007): O Diccionario del dialecto gallego de Luís Aguirre del Río. Madrid: Instituto Superior de Investigaciones Científicas e Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. ISBN 978-84-00-08609-1
- Abuín de Tembra, A. e Cortizo Sóñora, J. (eds.) (2007): Luís Aguirre. Poesía completa. Santa Comba: TresCtres. ISBN 978-84-935562-6-6