peoplepill id: lourenzo-fernandez-prieto
LFP
Spain
1 views today
1 views this week
Lourenzo Fernández Prieto

Lourenzo Fernández Prieto

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
64 years
The details (from wikipedia)

Biography

Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961[Cómpre referencia], é un historiador galego.

Traxectoria

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país

Especializado en Historia Agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de traballo referen á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Dirixe o Proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia, e o Grupo de historia agraria e política do mundo rural da USC, Histagra.

A súa produción e actividade científica comprende máis dun cento de publicacións, así como a lideranza de diversos proxectos e convenios de investigación. Ten participado en proxectos europeos dos programas STRIDE (mudanza tecnolóxica) e FAIR (propiedade comunal). No intervalo de 2005 a 2010 foi elixido vicepresidente da Sociedade Española de Historia Agraria.

Dende 1995 forma parte do General Board da rede europea ESTER (European School for Training in Economic and Social historical Research), responsábel da formación de estudantes de doutoramento.

En maio de 2010 concorreu con outros seis candidatos á reitoría da USC, proceso no que pasou á segunda volta.

Obra en galego

Ensaio

  • A granxa agrícola-experimental da Coruña: 1888-1928. Contribución ao estudio experimental da renovación técnica da agricultura galega, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.
  • Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Xerais, Vigo, 1992.
  • Facendo Historia con Memoria, Edicións tresCtres, Santiago de Compostela, 2010.
  • Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939), Meubook, Santiago de Compostela, 2010.

Obras colectivas

  • Vocabulario de historia, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
  • Actas do Congreso Internacional Poder Local, élites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936),Santiago de Compostela, 14-15 xuño 1996, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
  • Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea, Xerais, Vigo, 2000.
  • Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente. Natureza, Economía, identidade e democracia na Galicia rural, Xerais, Vigo, 2006.
  • A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
  • Historia das historias de Galicia, Xerais, Vigo, 2016.
  • 1936. O Estatuto esquecido, Guiverny, 2016.

Obra en castelán e inglés

Ensaio

  • El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX, Tirant Lo Blanch, Valencia, 2007.

Obras colectivas

  • La sociedad rural en la España contemporánea: mercado y patrimonio, Edicións do Castro, Sada, 1996.
  • Sombras de progreso. Las huellas de la Historia Agraria, Crítica, Barcelona, 2010.
  • Contemporary Galician Studies. Between the Local and the Global, The Modern Language Association of America, Nova York, 2011.
  • Agriculture in the Age of Fascism, Brepols, 2014.
  • Otras miradas sobre Golpe, Guerra y Dictadura. Historia para un pasado incómodo, Catarata, 2014.

Galardóns e recoñecementos

  • Premio Losada Diéguez de investigación en 1993, por Labregos con ciencia.
  • Premio da Crítica de Galicia (en investigación) en 1993.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Lourenzo Fernández Prieto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Lourenzo Fernández Prieto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes