Lois Tobío Campos
Quick Facts
Biography
Lois Tobío Campos, nado en Lamiño (Brión) en 1861 e finado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1943, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
Era fillo de Ramón Tobío Martínez, labrego acomodado, e de Xoana Campos. Ramón Tobío era fillo de María Xosefa Martínez Vioxo, irmá do pai de Rosalía de Castro, coa que Lois Tobío pasou parte da súa infancia en Ortoño. Comezou a estudar co seu tío, Lois Tobío Martínez, mestre en Brión. Fixo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, titulándose en 1881. Estivo como interino en Ribeira e no Colexio de San Agustín de Vilagarcía de Arousa, incorporado ao Istituto de Segundo Ensino de Pontevedra.
En Vilagarcía comezou a publicar artigos e poesía na prensa local, ao tempo que sacaba o título de Bacharelato por libre, que acadou en 1885. Comezou os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, sen chegar a rematar a carreira. En 1892 acadou a praza de Mestre na Escola de San Francisco de Viveiro, e ao ano seguinte marchou a Madrid para seguir os cursos da Escola Superior do Maxisterio e poder optar a un posto como docente nas Escolas Normais. A través de profesores como Bartolomé Cossio coñeceu a Institución Libre de Enseñanza, onde coincidiu con Francisco Giner de los Ríos.
De regreso a Viveiro participou na vida cultural da vila, con publicacións e conferencias co gallo do Centenario da publicación de Don Quijote ou polo aniversario do nacemento de Nicomedes Pastor Díaz. Amais de ocupar o seu posto na escola pública, deu clase nun centro privado. En 1915 pasou a dar clase na Escola Graduada anexa á Escola Normal de Santiago.
Foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega, e publicou diversos artigos no seu Boletín. Era tamén membro da Sociedad Astronómica de Barcelona. En 1898 recibiu a Cruz de Isabel a Católica.
Obra
- Ecos y esbozos (1912). Poesía bilingüe.
- Rosiñas da Terra (1917). Poesía.
- Rimas galicianas (1935). Poesía bilingüe.
Vida persoal
Casou en 1905 con Mélida Fernández, da familia fidalga dos Pardo-Vaamonde. Foi pai de Lois Tobío Fernández e María Tobío.
Véxase tamén
Bibliografía
- Couceiro Freijomil, A. (1954): "Araujo, Francisco". Entrada en Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, tomo III, páx. 408 (en castelán).
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |