Leticia Cunqueiro
Quick Facts
Biography
Leticia Cunqueiro Méndez, nada en Vigo en 1981, é unhafísica galega. Acadou unha bolsa Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) para desenvolver unha investigación sobre física de partículas no CERN de Xenebra.
Traxectoria
É profesora de Física na universidade Sapienza de Roma. É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Física de Partículas pola mesma universidade en 2008. Posteriormente realizou un posdoutoramento no Instituto Nacional de Física Nuclear de Italia, un posdoutoramento no CERN, e traballou no Laboratorio Nacional de Oak Ridge (Estados Unidos), naUniversidade de Münster, en Alemaña e na Ecole Polytechnique de París.
Traballou no experimento ALICE do CERN estudando chorros (‘jets’) de enerxía e en 2021 incorporouse ao proxecto CMS, outro dos grandes experimentos que operan no grande acelerador de partículas, onde desenvolverá a liña de traballo financiada pola bolsa Consolidator Grant para afondar na cromodinámica cuántica.
Publicou "A praia" no nº 228 de Grial (2020, tomo XVIII).
Notas
- ↑ Redacción (2020-12-14). "A física Leticia Cunqueiro, seleccionada na convocatoria Consolidator Grant". GCiencia. Consultado o 2020-12-18.
- ↑ Penelas, Sandra (2020-12-14). "La física de partículas viguesa Leticia Cunqueiro logra una Consolidator Grant de 1,8 millones". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-18.
- ↑ penelas, sandra (2011-03-20). ""Hay mucha expectación y energía entre los científicos del gran acelerador"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-18.