peoplepill id: laureano-prieto
LP
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

A.K.A.
Laureano Prieto Rodríguez
Places
Gender
Male
Age
69 years
The details (from wikipedia)

Biography

Laureano Prieto Rodríguez, nado en Carracedo da Serra (A Gudiña) o 9 de setembro de 1907 e finado o 23 de xullo de 1977, foi un mestre que se especializou na etnografía galega, particularmente a relacionada coa comarca de Viana (Ourense).

Traxectoria

Fillo de Manuel Prieto e Adelina Rodríguez, estudou as primeiras letras co párroco de Carracedo para continuar despois os estudos en Viana e Verín e o bacharelato no instituto de Ourense. Emigrou a Cuba, onde xa estaban traballando o seu pai e máis o seu irmán Enrique, aínda que regresou pronto a Galicia para estudar Maxisterio. Alí foi onde coñeceu a Vicente Risco, con quen comezou a interesarse polos costumes e tradicións galegas. Foi mestre en Bembibre (Viana), en Pentes (A Gudiña) e na propia Gudiña. Pasou logo a ser mestre de Oleiros (Silleda) para regresar a Ourense, onde se xubilou.

Casou dúas veces, con Elena e con Carmen, e tivo unha filla, María Elena.

Publicacións

Á par do seu traballo como mestre dedicouse á investigación etnográfica e recollida de léxico e tradicións propias da Gudiña e Viana, publicando numerosos traballos en distintas revistas especializadas, como o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense ou o Boletín Avriense, tanto galegas como portuguesas. Igualmente colaborou intensamente con Risco, Cuevillas, Taboada Chivite, Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo. Formou parte do grupo arqueolóxico Marcelo Macías, creado por Ferro Couselo en 1970.

Tamén colaborou con distintas institucións, como por exemplo o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Participou, con Ferro Couselo, nas escavacións do Castro de Santa Ádega (en Vilamarín, Ourense), en 1963.

A seguir, algús dos traballos publicados:

  • "Antiguas minas del río Camba", en Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense, 1946.
  • "Juegos infantiles (Tierra de La Gudiña)", en BCMO, 1947.
  • "Cuentos de animales" en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares", 1948.
  • "Notas etnográficas sobre animales domésticos y salvajes de La Gudiña", en Douro Litoral, 1949.
  • "As adiviñas na terra da Gudiña (Ourense) e no concelho de Vinhais (Tras-os-Montes)", en DL, 1949.
  • "A cantiga na Gudiña", en DL, 1950 e 1951.
  • "La zooantropía en Galicia", en Zephirus, 1953.
  • "Astrología y meteorología popular", en BCMO, 1957-1958.
  • Contos vianeses, Galaxia 1958.
  • Contos pra nenos, Galaxia 1968.
  • "A meiguería negra en terras de Viana do Bolo", en Boletín Avriense, 1971.
  • "Notas encol da fala vianesa", en BA 1973.
  • "Contos de cregos na terra de Viana", en BA 1978.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Homenaxe a Laureano Prieto Rodríguez", en Boletín Avriense, VIII, 1978.
  • "A Gudiña, historia, arte e natureza", en Guía do Concello da Gudiña, 2000.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Laureano Prieto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Laureano Prieto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes